CITES
![]() O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes[1]. A adhesión de España ao Convenio CITES efectuouse mediante o Instrumento de ratificación de 16 de maio de 1986[2]. Hoxe en día, o CITES ofrece diversos graos de protección a máis de 33.000 especies de animais e plantas. ProblemáticaEstímase que anualmente o comercio internacional de vida silvestre elévase a miles de millóns de dólares e afecta a centos de millóns de espécimes de animais e plantas. O comercio abarca dende os animais e plantas vivas ata unha ampla gama de produtos derivados dos mesmos, como os produtos alimenticios, os artigos de coiro de animais exóticos, os instrumentos musicais fabricados con madeira, os artigos de recordo para os turistas, as medicinas, ou a madeira[3]. Algúns factores como o comercio ou os niveis de explotación dalgúns animais e plantas son elevados, e isto, xunto coa destrución do seu hábitat, poden provocar a mingua considerábel das poboacións e incluso facer que algunhas especies cheguen ao bordo da extinción. Moitas das especies obxecto desta convención non están en perigo, pero mediante a regulación dun comercio sustentábel garántese a preservación destes recursos no futuro. FuncionamentoOs países adhírense voluntariamente. Os estados que se unen á Convención coñécense como Partes. O CITES ofrece un marco que debe ser respectado por cada unha das Partes, as cales poden promulgar unha lexislación máis estrita a nivel nacional, sempre dentro do marco mínimo establecido pola Convención. O CITES é un dos acordos ambientais con maior número de membros que o subscribiron. Somete o comercio internacional de espécimes silvestres ameazadas e dos seus produtos a certos controis. Para o seu funcionamento, existen dous órganos:
Toda importación, exportación, reexportación[6] ou "introdución"[7] de especies amparadas pola convención debe autorizarse mediante un sistema de concesión de licenzas e de emisión de certificacións para as excepcións previstas no propio Convenio, de xeito que toda especie ameazada ou produto derivado da mesma obxecto de comercio exterior se atope completamente documentada. As especies amparadas polo CITES están incluídas en tres Apéndices[8] segundo o grao de protección que necesiten.
Aplicación na UEA aplicación deste Convenio no territorio da UE e, polo tanto, en España, lévase a cabo en virtude da aplicación conxunta de dous regulamentos:
Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas |