O tangut (chinés tradicional: 西夏語; pinyin: Xī Xiàyǔ; lit. "lingua Xia occidental") é unha lingua morta da familia sino-tibetana.
Historia
Foi unha das linguas oficiais da dinastía Xia occidental, fundada polo pobo tangut no noroeste da China. Os Xia occidentais foron eliminados polo imperio mongol en 1226. A lingua tangut posúe o seu propio sistema de escritura, a escrita tangut. O derradeiro texto coñecido redactado en tangut son os piares dharani tangut, que datan de 1502. Xa que logo, a linguaxe escrita sobreviviu á dinastía Xia case trescentos anos.
Clasificación
Dende a década de 2010, os lingüistas adoitan clasificar o tangut entre as linguas qiángicas ou as gyalrong. En base á evidencia morfolóxica e léxica, algúns expertos agrúpano coas linguas gyalrong occidentais, namentres outros o asocian coa lingua horpa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Beaudouin, Mathieu (2023). "Tangut and Horpa languages: Some shared morphosyntactic features". Language and Linguistics (en inglés) 24 (4): 611–673. doi:10.1075/lali.00142.bea.
- Gong, Xun (2020). "Uvulars and Uvularization in Tangut Phonology". Language and Linguistics (en inglés) 21 (2): 175–212. doi:10.1075/lali.00060.gon.
- Jacques, Guillaume (2012). "The Tangut Kinship System in Qiangic Perspective". En Hill, Nathan W. Medieval Tibeto-Burman Languages IV (en inglés). Brill. ISBN 978-90-04-23345-4. doi:10.1163/9789004233454_010.
- Lai, Yunfan; Gong, Xun; Jacques, Guillaume (2020). "Tangut as a West Gyalrongic language". Folia Linguistica (en inglés) 54: 171–203. ISSN 1614-7308. doi:10.1515/flih-2020-0006.
- Mote, F. W. (2003). Imperial China, 900–1800 (en inglés). Harvard University Press. ISBN 9780674012127.
- Whitfield, Susan (1995). "Kharo-Khoto: The Black City" (PDF). IDP News: Newsletter of the International Dunhuang Project (en inglés) 2: 2–3. ISSN 1354-5914. Archived from the original on 30 de xuño de 2007. Consultado o 06 de xuño de 2024.