A lingua wu (caracteres chineses: 吳語 , nguphin: ngu niu) é un grupo de variedades lingüísticas semellantes e historicamente relacionadas da lingua chinesa, principalmente falada na provincia de Zhejiang, na cidade de Shanghai, e na provincia de Jiangsu.[2][3][4]
Os principais dialectos do wu son o dialecto de Shanghai, o de Suzhou, o de Wuxi, o de Wenzhou, o de Ningbo, o de Hangzhou, o de Shaoxing, o de Jinhua e o de Yongkang. Falantes de lingu wu, como Chiang Kai-shek, Lu Xun e Cai Yuanpei, ocuparon posicións de grande importancia nas modernas cultura e política chinesa. O wu tamén foi usado na Ópera de Shaoxing, que é a segunda máis popular despois da Ópera de Pequín, alén das actuacións do popular comediante Zhou Libo. O wu é falado en gran número de comunidades da diáspora chinesa, con importantes centros de inmigración orixinarios de Qingtian e Wenzhou.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Recursos da lingua wu