O gong ou ugong é unha lingua sino-tibetana con menos de 100 falantes. Fálase en Tailandia.[2]
Historia
O gong foi documentado por primeira vez nunha fonte occidental na década de 1920 (nun artigo do médico e botánico irlandés A. F. G. Kerr), cando xa estaba en declive. Nos 70, David Bradley comezou a estudar a lingua en diversas áreas nas que aínda se empregaba, excluíndo dúas rexións das referidas por Kerr, onde xa desaparecera. Posteriormente, varias das aldeas foron abandonadas a causa da construción de encoros nos ríos Kwae Yai e Khwae Noi, o que empeorou a situación da lingua. Na actualidade, atópase en situación de especial vulnerabilidade, xa que os últimos falantes nativos naceron arredor dos 70.
Clasificación
Non existe consenso sobre a clasificación concreta da lingua gong. Segundo Bradley, trátase dunha variante das linguas lolo-birmanas, aínda que non encaixa con precisión nas linguas búrmicas nin nas loloicas. Pola súa banda, Andrew Hsiu defende a súa adscrición a unha póla independente das linguas tibeto-birmanas, no canto de agrupalas coas lolo-birmanas.
Dialectos
Hai dous dialectos:
Notas
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Gong". Proxecto ramas sino-tibetanas (en inglés). 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
- ↑ Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bradley, David (1989). "The disappearance of the Ugong in Thailand". En Dorian, Nancy C. Investigating Obsolescence: Studies in Language Contraction and Death (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521324052. doi:10.1017/CBO9780511620997.006.
- Hsiu, Andrew (2018). "Gong". Sino-Tibetan Branches Project (en inglés). Consultado o 04-06-2024.
- Kerr, A. F. G. (1927). "Two Lawā vocabularies: the Lawā of the Baw Lūang plateau; Lawā of Kanburi Province". Journal of the Siam Society (en inglés) 21: 53–63.
- Matisoff, James A. 2015. The Sino-Tibetan Etymological Dictionary and Thesaurus. Berkeley: Universidade de California.
- Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
- Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.