Les vêpres siciliennes (en francés) ou I vespri siciliani (en italiano) (traducido ao galego como As vésperas sicilianas), é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto orixinal en francés de Charles Duveyrier e Eugène Scribe, do seu propio drama Le Duc d'Albe, que foi escrito en 1838 e ofrecido a Halévy e Donizetti antes de que Verdi acordase poñerlle música en 1854.[1]. Está baseada nuns acontecementos históricos que tiveron lugar en 1282 e que son coñecidos como as Vésperas sicilianas, empregando materiais retirados do baseado nun evento histórico, as Vésperas sicilianas de 1282, utilizando materiais tirados do tratado medieval siciliano Lu rebellamentu di Sichilia. A estrea tivo lugar na Ópera Garnier de París o 13 de xuño de 1855.
Ao igual que ocorreu con Don Carlos, que tamén foi estreada cun libreto en francés, foi traducida rapidamente ao italiano e estreada o 26 de decembro de 1855 no Teatro Regio de Parma. Para esta versión Verdi tivo que axustarse á censura trocando o libreto e o título polo de Giovanna di Guzman. O 4 de febreiro de 1856 estreouse no Teatro alla Scala de Milán unha terceira versión da ópera en italiano e completa que actualmente é a máis coñecida e gravada.
Personaxes
Personaxe: FR: Versión francesa orixinal. IT: Tradución italiana con troco de localización e personaxes a Portugal. Post-1861: versións traducidas ao italiano posteriores a 1861, volvendo ás versións italianas dos nomes do orixinal francés.
|
Tesitura
|
Versión en francés: Elenco da estrea, 13 de xuño de 1855[2] Ópera de París (Director: Narcisse Girard )
|
Versión en italiano: Elenco da estrea, 26 de decembro de 1855 Teatro Regio (Parma) (Director: Nicola De Giovanni[3])
|
FR: Guy de Montfort, gobernador de Sicilia baixo Carlos de Anjou, rei de Nápoles IT: Michele de Vasconcello, un traidor portugués.[4] Post-1861: Guido di Monteforte
|
barítono
|
Marc Bonnehée
|
Francesco Cresci
|
FR: Le Sire de Béthune, un oficial francés Post-1861: Señor de Bethune
|
baixo
|
Théodore-Jean-Joseph Coulon
|
Guglielmo Giordani
|
FR: Le Comte de Vaudemont, un oficial francés Post-1861: Conde Vaudemont
|
baixo
|
Jacques-Alfred Guignot
|
Angelo Corazzani
|
FR: Henri, un xove siciliano IT: Enrico Post-1861: Arrigo
|
tenor
|
Louis Guéymard
|
Antonio Giuglini
|
FR: Jean Procida, un doutor siciliano IT: Don Giovanni Ribera Pinto, un capitán portugués Post-1861: Giovanni da Procida
|
baixo
|
Louis-Henri Obin
|
Giorgio Atry
|
FR: La Duchesse Hélène, irmá do duque Federico de Austria IT: Giovanna de Guzman (orixinalmente Helena) Post-1861: Elena
|
soprano
|
Sophie Cruvelli
|
Caterina Goldberg Strossi
|
Ninette, su doncella
|
contralto
|
Clarisse-Françoise Sannier
|
Teresa Lenci Marsili
|
FR: Daniéli, o seu sirviente Post-1861: Danieli
|
tenor
|
Jean-Jacques Boulo
|
Carlo Salvatore Poggiali
|
FR: Thibault , un soldado francés Post-1861: Tebaldo
|
tenor
|
M. Aimes
|
Raffaele Giorgi
|
FR:: Robert, un soldado francés Post-1861: Roberto
|
barítono
|
Mécène Marié de l'Isle
|
Raimondo Beffagni
|
FR: Mainfroid, un siciliano, partidario de Prócida Post-1861: Manfredo
|
tenor
|
Joseph Koenig
|
Giovanni Battista Garulli
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos