Leonardo Sciascia

Modelo:BiografíaLeonardo Sciascia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Racalmuto, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteMieloma múltiple Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Leonardo Sciascia (en) Traducir
Racalmuto cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Partido Radical (pt) Traducir

17 de xullo de 1979 – 24 de setembro de 1979

Circunscrición electoral: Italia

Deputado da República Italiana
13 de xuño de 1979 – 11 de xullo de 1983
Lexislatura: 8th Legislature of Italy (en) Traducir
Eurodeputado
1979 – 1979 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, guionista, poeta, ensaísta, dramaturgo, xornalista, novelista, escritor, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Radical (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0778432 Facebook: LeonardoSciasciaAutore BNE: XX1007387 Bitraga: 439 Dialnet: 3287322 Discogs: 5433003 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Leonardo Sciascia en Racalmuto.

Leonardo Sciascia, nado en Racalmuto (Agrigento) o 8 de xaneiro de 1921 e finado en Palermo o 20 de novembro de 1989, foi un escritor siciliano.

Traxectoria

Estudou Maxisterio en Caltanissetta e foi mestre en Racalmuto entre 1949 e 1957 e en Caltanissetta entre 1957 e 1969. En 1970 deixou a ensinanza e pasou a exercer o xornalismo en Corriere della Sera. Simpatizou co Partido Comunista Italiano, mais acabou por afastarse da liña oficial para adoptar unha posición independente, o que lle valeu o recoñecemento e estima de literatos, políticos e público en xeral, que o consideraran "conciencia crítica de Italia" pola súa implacable denuncia da corrupción política e da violencia mafiosa. En 1975 foi elixido concellleiro na cidade de Palermo, mais dimitiu dous anos máis tarde; despois foi elixido deputado europeo e deputado ao congreso italiano (1979-1983) polo Partido Radical de Marco Panella. Formou parte da comisión de investigación sobre o asasinato de Aldo Moro.

Finou por mor dun cancro.

Obra

Sicilia e as súas xentes están presentes na maioría das súas obras. En 1956 publicou Le parrocchie di Regalpetra, unha narración aparentemente neorrealista mais de carácter autobiográfico e ensaístico, ambientada nunha aldea siciliana, trasunto de Racalmuto. En 1961 publicou a súa primeira novela policíaca sobre a mafia, Il giorno della civetta, de temática similar a A ciascuno il suo (1966). Il consiglio d'Egitto (1963) está ambientado en Sicilia a finais do século XVIII.

  • Le favole della dittatura (1950)
  • La Sicilia, il suo cuore (1952)
  • Pirandello e il pirandellismo (1953)
  • Le parrocchie di Regalpetra (1956)
  • Gli zii di Sicilia (1958)
  • Il giorno della civetta (1961)
  • Il consiglio d'Egitto (1963)
  • Morte dell'Inquisitore (1964)
  • L'Onorevole (1965)
  • Feste religiose in Sicilia (1965; fotografías de Ferdinando Scianna)
  • A ciascuno il suo (1966)
  • Narratori in Sicilia (1967; con S. Guglielmino)
  • Recitazione della controversia liparitana dedicata ad A.D. (1969)
  • La corda pazza (1970)
  • Atti relativi alla morte di Raymond Roussel (1971)
  • Il contesto (1971)
  • O mar da cor do viño (Il mare color del vino, 1973; tradución ao galego de Silvia Gaspar)
  • Todo modo (1974)
  • La scomparsa di Majorana (1975)
  • Cola pesce (1975)
  • I pugnalatori (1976)
  • Candido, ovvero un sogno fatto in Sicilia (1977)
  • L'affaire Moro (1978)
  • Nero su nero (1979)
  • Dalle parti degli infedeli (1979)
  • Il teatro della memoria (1981)
  • Conversazioni in una stanza chiusa (1981; con Davide Lajolo)
  • Kermesse (1982)
  • La sentenza memorabile (1982)
  • Cruciverba (1983)
  • Cronachette (1983)
  • Per un ritratto dello scrittore da giovane (1985)
  • La strega e il capitano (1986)
  • 1912+1 (1986)
  • Porte aperte (1987)
  • Il cavaliere e la morte (1988)
  • Ore di Spagna (1988)
  • Alfabeto pirandelliano (1989)
  • Una storia semplice (1989)
  • Occhio di capra (1990)
  • Fatti diversi di storia letteraria e civile (1989)
  • A futura memoria (se la memoria ha un futuro) (1989)

Véxase tamén

Ligazóns externas