Justin Welby

Modelo:BiografíaJustin Welby

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en-gb) Justin Portal Welby Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords
O suxeito ten un papel: bispo
26 de febreiro de 2013 – 12 de novembro de 2024
Membro do Consello Privado do Reino Unido
12 de febreiro de 2013 –
Arcebispo de Canterbury
4 de febreiro de 2013 – 12 de novembro de 2024
← Rowan Williams
Membro da Cámara dos Lords
O suxeito ten un papel: bispo
28 de novembro de 2011 – 4 de febreiro de 2013
Bispo de Durham (pt) Traducir
29 de setembro de 2011 – 4 de febreiro de 2013
← N. T. Wright (pt) TraducirPaul Butler (bishop) (pt) Traducir →
Dean of Liverpool (en) Traducir
8 de decembro de 2007 – 29 de setembro de 2011
← Rupert Hoare (en) TraducirPete Wilcox (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio de Lambeth Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Durham (pt) Traducir
Universidade de Cambridge
Cranmer Hall, Durham (en) Traducir
Trinity College
Eton College
St John's College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIgrexa de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, teólogo, ministro, comerciante, ministro anglicano, empresario, Arcebispo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Travellers Club (en) Traducir (–2014) Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCaroline Eaton (1979–) Editar o valor en Wikidata
FillosJohanna Welby, Timothy Welby, Katharine Welby, Peter Welby, Eleanor Welby, Hannah Welby Editar o valor en Wikidata
PaisAnthony Montague Browne
Gavin Bramhall Welby Editar o valor en Wikidata  e Jane Gillian Portal Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de outubro de 2011consagración (Catedral de Iorque (pt) Traducir), per John Sentamu (pt) Traducir
27 de xuño de 1993ordenación sacerdotal no rito latino (Catedral de Coventry), per Simon Barrington-Ward (pt) Traducir
28 de xuño de 1992ordenação diaconal (pt) Traducir (Catedral de Coventry), per Simon Barrington-Ward (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: e8aff024-5b50-4515-8ec6-5a56ccdded58 WikiTree: Welby-63 Editar o valor en Wikidata

Justin Portal Welby, nado en Londres o 6 de xaneiro de 1956, é un bispo da Igrexa de Inglaterra, 105º Arcebispo de Canterbury e Primado de dita Igrexa e, de xeito honorífico, da Comuñón Anglicana. Anteriormente foi bispo de Durham, durante un ano.[1]

Anteriormente Welby traballou na industria petroleira. En 1989 preparouse para a súa ordenación no St John's College de Durham. Logo de exercer en varias parroquias foi nomeado deán de Liverpool en 2007, e posteriormente Bispo de Durham en 2011.

A súa postura teolóxica é considerada seguidora da tradición evanxélica dentro do anglicanismo.[2] Algunhas das súas publicacións tratan sobre as relacións entre as finanzas e a relixión e, como membro da Cámara dos Lores, pertence á comisión parlamentaria sobre normativa bancaria.

Biografía

Primeiros anos

Welby naceu en Londres. Era fillo de Gavin Bramhall James Welby, nado como Bernard Gavin Weiler en Ruislip (Londres Occidental) en 1910 e finado en 1977.[3][4] A súa nai era Jane Gillian Portal. O avó paterno de Welby era un xudeu alemán.[4][5]

Industria petroleira

Welby traballou duranter once anos na industria petroleira, cinco deles na empresa francesa Elf Aquitaine, con base en París. En 1984 foi nomeado teroreiro do grupo petroleiro Enterprise Oil PLC en Londres, onde adicouse principalmente a proxectos no África Occidental e no Mar do Norte. Deixou o seu cargo en 1989 aducindo que sentira a chamada de Deus para ser crego.[6]

Ministerio

Presbiterado

Welby foi inicialmente rexeitado para a ordenación polo bispo de Kensington, John Hughes, que díxolle:

"Non hai lugar para ti na Igrexa de Inglaterra."[7]

Welby foi máis tarde aceptado para a ordenación sacerdotal co apoio do Vigairo de Holy Trinity Brompton, Sandy Millar. Dende 1989 a 1992, Welby estudou teoloxía e preparouse para o presbiterado en Cranmer Hall e St John's College, Durham. Logo da súa ordenación ocupou diversos cargos, até que en decembro de 2007 foi nomeado deán da Catedral de Liverpool.

Bispo de Durham

Entrevistado pola BBC en 2011, Welby dixo que ser nomeado como Bispo de Durham era un reto e un privilexio moi grandes:

“Deixoume asombrado que me ofreceran o cargo. Teño un desexo apaixonado de ver unha igrexa chea con forza de vida espiritual, servindo a Xesús Cristo e servindo a aqueles arredor dela.”[8]

A súa elección foi confirmada o 29 de setembro de 2011 e deixou a Catedral de Liverpool o 2 de outubro. Foi consagrado como bispo o 28 de outubro de 2011 en York Minster,[9] e foi entronizado na Catedral de Durham o 26 de novembro de dito ano. Entrou á Cámara dos Lores o 12 de xaneiro de 2012,[10] sentando na bancada dos Lores Espirituais. Uniuse á comisión parlamentaria sobre normativa bancaria en 2012.

Arcebispo de Canterbury

O 9 de novembro de 2012 anunciouse o nomeamento de Welby para o cargo de Arcebispo de Canterbury. En xaneiro de 2013 Welby declarou que pensara que era "unha broma" e algo "totalmente absurdo" que el fora nomeado para o posto, xa que levaba a ser bispo moi pouco tempo.[11] A cerimonia de confirmación da súa elección á Sé de Canterbury tivo lugar na Catedral de San Paulo o 4 de febreiro de 2013. Foi entronizado na Catedral de Canterbury o 21 de marzo de 2013,[12] observancia de Thomas Cranmer no Calendario litúrxico da Igrexa de Inglaterra.[13]

Opinións

Consagración de mulleres como bispos

Welby está a favor da posibilidade de consagrar mulleres como bispos.[14] Logo do rexeitamento desta posibilidade polo Sínodo Xeral da Igrexa de Inglaterra en novembro de 2012, Welby falou dun "día moi triste, especialmente para as mulleres sacerdote e para os seus seguidores".[14] Co seu discurso ao Sínodo Xeral anglicano en xullo de 2013, o arcebispo afirmou que nun tempo a Igrexa de Inglaterra ía ordenar mulleres bispo, malia a decisión sinodal de 2012.[15][16]

Relacións sexuais prematrimoniais

En marzo de 2013, Welby afirmou que, segundo o seu punto de vista sobre a moral sexual, as relacións sexuais previas ao matrimonio non son correctas.[17][18] Máis adiante reiterou o seu punto de vista, engadindo que:

Abandonar o ideal simplemente porque é difícil de alcanzar e ridículo.[19]


Títulos relixiosos
Predecesor:
Nicholas Thomas Wright
 
Bispo de Durham
 
2011 - 2013
Sucesor:
(sé vacante)
Predecesor:
Rowan Williams
 
Arcebispo de Canterbury
 
2013 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)

Notas e referencias

  1. Durham Anglican (ed.). "Diocese of Durham – New Bishop-Designate of Durham Announced" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  2. BBC News, ed. (8 de novembro de 2012). "Justin Welby set to become new Archbishop of Canterbury" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  3. Person Page 8009, (en inglés).
  4. 4,0 4,1 The Archbishop’s father, his secret wife, an affair with a Kennedy and defaming a Labour Cabinet Minister - Telegraph, (en inglés).
  5. Jason Lewis (2 de decembro de 2012). The Daily Telegraph, ed. "Jews who fled the Nazis: secrets of Justin Welby's family tree" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  6. Colchester, Max (30 de setembro de 2012). "British Banks Face Heat From on High". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  7. "There is no place for you in the Church of England.” "Archbishop of Canterbury: 'You have no future in the Church'", Sunday Telegraph, (en inglés).
  8. “I was astonished to be offered the role. It is a passionate desire to see a church that is vigorously full of spiritual life, serving Jesus Christ and serving those around it.”, BBC News (ed.). "New Bishop of Durham is announced". Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  9. Consecrations of the Bishops of Durham and Penrith Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Diocese de York, 28 de outubro de 2011, (en inglés).
  10. Durham Anglican News and Events
  11. Gledhill, Ruth (31 de xaneiro de 2013) "Welby: my application for Canterbury was a joke", The Times, (en inglés).
  12. Justin Welby is enthroned as Archbishop of Canterbury, BBC, (en inglés).
  13. "Church of England calendar" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2011. Consultado o 08 de xullo de 2013. 
  14. 14,0 14,1 Trevor Gundy (9 de novembro de 2012). "Justin Welby named next archbishop of Canterbury". Consultado o 5 de xullo de 2013. Welby's appointment is expected to seal a vote in favor of allowing women bishops at a special meeting of the Church of England's General Synod held in London later this month. 
  15. El arzobispo de Canterbury da por hecho que los anglicanos de Inglaterra ordenarán mujeres obispos, InfoCatólica.com, 6 de xullo de 2013, (en castelán).
  16. Justin Welby: "Ordenaremos mujeres obispos", Periodista Digital, 6 de xullo de 2013, (en castelán).
  17. "My understanding of sexual ethics has been that, regardless of whether it's gay or straight, sex outside marriage is wrong." ""Whether it’s gay or straight, sex outside marriage is wrong" Archbishop Justin Welby". 17/03/2013. Arquivado dende o orixinal o 14/10/2013. Consultado o 13/12/2013. 
  18. "'My wife keeps an eye on my drinking and I never do it alone': Archbishop of Canterbury reveals his fears of following father into alcoholism". 17/03/2013. 
  19. "To abandon the ideal simply because it’s difficult to achieve is ridiculous." "Lunch with the FT: Justin Welby". 10/05/2013.