A diocese de Canterbury é unha diocese da Igrexa de Inglaterra (Comuñón Anglicana ) que abarca o territorio oriental do condado de Kent , Inglaterra . Reclámase herdeira daquela fundada por Agostiño de Canterbury no 597 , a arquidiocese de Canterbury , hoxe suprimida. Ten a súa sé na Catedral de Canterbury , e trátase da sé máis antiga da Igrexa de Inglaterra.
Bispos
O bispo diocesano é o Arcebispo de Canterbury , a día de hoxe Justin Welby . Porén, por mor do seu papel como Metropolitano da provincia de Canterbury , Primado de Toda Inglaterra e cabeza da Comuñón Anglicana , o arcebispo (cuxa residencia está en Londres ) está a miúdo afastado da diocese. É por isto que un dos seus bispos sufragáneos, o Bispo de Dover (hoxe Trevor Wilmott ), ten a facultade de actuar no seu lugar.
Até 2009 existía outro bispo sufragáneo, o bispo de Maidstone , mais en novembro de 2010 decidiuse que non se farían máis nomeamentos para este cargo. Os outros dous sufragáneos cuxas sés están situadas na diocese (Ebbsfleet e Richborough ) son en realidade visitadores episcopais provinciais cuxo ámbito de actuación e maior que o da diocese.
Lista de arcebispos anglicanos de Canterbury
Dende a reforma inglesa do século XVI , logo do acordo relixioso isabelino e sen aprobación papal, os arcebispos de Canterbury anglicanos teñen sido os seguintes:
Véxase tamén
Provincia de Canterbury: Provincia de York: