En 1949, a Igrexa católica iniciou o proceso de canonización para declaralo santo.[7] En 1986, o papaXoán Paulo II recoñeceu as súas virtudes heroicas e declarouno "venerable".[8] O proceso renovouse o 18 de xaneiro de 2021, tras un milagre atribuído pola Igrexa Católica a Hernández en San Fernando de Apure, no que unha moza se recuperaría dunha ferida de bala grazas á súa intercesión.[9]O papa Francisco autorizou a misa de beatificación de José Gregorio Hernández, celebrada o 30 de abril de 2021, e a súa celebración litúrxica foi asignada o 26 de outubro.[7]
Biografía
Familia
Foi o primeiro de seis irmáns, fillo de Benigno María Hernández Manzaneda e Josefa Antonia Cisneros Mansilla.[10]
Despois rematar o Bacharelato e de estudar Filosofía, Estudou na Universidade Central de Venezuela (UCV).
Linguas
Ao graduarse co título de Doutor en Medicina, o 29 de xuño de1888, falaba inglés, francés, portugués, alemán e italiano e dominaba latín e hebreo, era filósofo, músico e teólogo. [Cómpre referencia]
Trasladouse a exercer a medicina na súa cidade natal,[12] establecendo un consultorio temporal, co que ampliou a súa carreira como médico.
Mestrados e docencia
Completou estudos en París e Berlín. Tras regresar de Europa en 1891, comeza a súa actividade como profesor nas cátedras de Histoloxía Normal e Patolóxica, Fisioloxía Experimental e Bacterioloxía, da Universidade Central de Venezuela, converténdose no fundador de ambas. Ademais, ao remate dos seus estudos de posgrao, delegóuselle a responsabilidade de adquirir, con recursos do Estado venezolano, os materiais necesarios para instalar o Laboratorio de Fisioloxía Experimental en Caracas, así como a adquisición da bibliografía necesaria para a apertura das citadas cátedras na UCV.
Pioneiro en varios eidos
Hernández foi o responsábel da introdución do microscopio e outros instrumentos científicos en Venezuela, do que tamén ensinou o seu uso e manexo.
O 14 de setembro de1909 é nomeado catedrático da Cátedra de Anatomía Patolóxica Práctica, que funcionaba adscrita ao Laboratorio do Hospital Vargas, e da que estivo á fronte ata a creación da Cátedra de Anatomía Patolóxica da Universidade Central. con sede no Instituto Anatómico, e que dirixía o doutor Felipe Guevara Rojas, en 1911.
Considérase o promotor e pioneiro do ensino científico e pedagóxico en Venezuela, baseado en leccións explicativas, con observación de fenómenos vitais, experimentación sistemática, prácticas de vivisección e probas de laboratorio. Tamén coloreou e cultivou microbios e deu a coñecer a teoría celular de Virchow. Tamén exerceu como fisiólogo, biólogo, físico, químico e matemático.
Obra literaria e científica
Foi o fundador da cátedra de Bacterioloxía, a primeira desta disciplina en América, e a primeira persoa en Venezuela en publicar un traballo da devandita disciplina (Elementos de Bacteriología, 1906). Tamén escribiu sobre a anxina de peito de carácter palúdico xunto con Nicanor Guardia, e en 1893 publicou varios números da Gaceta Médica.[13]
Ademais de 11 obras publicadas e dúas inéditas no ámbito científico, escribiu cinco obras literarias. Unha delas, La verdadera enfermedad de Santa Teresa de Jesús escrita en 1907, ficou sen rematar; as outras, D. Nicanor Guardia (1893), Visión del arte (1912), En un carro (1912) e Los maitines (1912), publicáronse en El Cojo Ilustrado.[14]
Interrupción do seu traballo docente
Por dous intervalos deixou de impartir clases na universidade. O primeiro, cando decidiu facerse relixioso e ingresar no mosteiro da orde de San Bruno na Cartuja de Farneta, ao que chegou o 16 de xullo de1908, e do que regresou o 21 de abril de 1909, reincorporándose á Universidade en maio de 1909.
A segunda vez foi desde outubro de 1912, cando o goberno ditatorial do xeneral Juan Vicente Gómez decretou o peche da Universidade, xa que fora en contra do seu réxime. Porén, restablece a súa actividade docente en xaneiro de 1916, tras a fundación da Escola Oficial de Medicina, que funcionaba no Instituto Anatómico.
Outra pequena interrupción, sen saír do ámbito académico, foi en 1917 para visitar Nova York e Madrid para estudar, ficando o doutor Domingo Luciani á fronte provisional das súas cátedras. Reiniciou a súa actividade docente o 30 de xaneiro de1918, até a súa morte.
O 29 de xuño de 1919 pola tarde, José Gregorio Hernández acudiu á esquina de Cardones para atender a unha enferma, pero foi atropelado mortalmente na esquina de Amadores, La Pastora, en Caracas.
Valoración do seu traballo
Hernández foi autor de trece ensaios científicos sobre diversas disciplinas médicas, sendo recoñecido pola Academia Nacional de Medicina de Venezuela, da que foi un dos seus membros fundadores. [17][18]
O seu traballo é importante pola súa capacidade como clínico para someterse ao rigor do método anatomoclínico (como nos casos presentados por el sobre tuberculose, pneumonía e febre amarela).
Tamén é recoñecida a súa capacidade para xestionar os recursos derivados de técnicas de diagnóstico complementarias (datos de histoloxía patolóxica, bacterioloxía, parasitoloxía e fisioloxía ) para lograr unha interpretación completa dos procesos patolóxicos presentes no paciente e pola súa capacidade para crear hipóteses novidosas (os datos hematométricos en suxeitos da contorna, a descrición dunha nova forma de anxina de peito de orixe palúdica etc.).
Culto público
Coa súa beatificación, José Gregorio Hernández convértese no cuarto beato de Venezuela, e no primeiro laico recoñecido como tal pola Igrexa Católica.[19][20]
Hernández era considerado un santo popular, a pesar de que a Igrexa non o recoñeceu como tal [21] até 2021 [22] A súa festa celébrase, xa oficialmente, o 26 de outubro.[23]
No seu Isnotú natal, o seu santuario oficial desde 2021 é o Santuario do Neno Xesús, onde tamén descansan os seus restos. Nese templo, ademais de imaxes e placas colocadas por persoas que lle agradecen as súas curacións, tamén hai unha vidreira con el representado axeonllado, rezando á Virxe María e a un neno Xesús.
Na Igrexa da Nosa Señora da Candelaria de Caracas repousan os restos do doutor,[24] o que xera que o templo sexa a sede dunha grande peregrinación de fieis.
Sincretismo
Ademais do culto católico non oficial até 2021 e da profunda veneración popular que suscita, José Gregorio Hernández é tamén unha figura clave no sincretismo relixioso ou no paganismo esotérico, posto que se lle atribúen curacións milagrosas. Aínda que a maioría dos que o veneran son católicos, unha porcentaxe minoritaria non se considera practicante de ningunha relixión.[25]
Ferrándiz, citado por Guerra Niño (2017) indica que o seu culto católico e a súa veneración como figura curativa comezou diante da súa tumba nos primeiros anos despois da súa morte e precisamente polo apoio que o doutor prestaba aos pacientes en plena gripe de 1918 e 1919. Tamén existe a crenza popular de que o médico aparece en soños aos enfermos que o veneran e intervén neses lapsos, sendo curado cando esperta.[22]
Algúns defensores da súa causa como persoa de veneración católica indican que o fervor popular que espertou foi tan forte que os practicantes do esoterismo o converteron nun ídolo curativo e nun éxito comercial;[26][27] Por exemplo, en Colombia son populares os centros esotéricos fundados en honra a Hernández, a quen chaman Hermano José Gregorio e eles a si mesmos gregorianos.[28][29]
Foi precisamente a vinculación de Hernández co esoterismo o que atrasou a aprobación do culto pola Igrexa católica.[27] De feito, indícase que esa é a razón pola que o Vaticano decidiu aprobar o seu culto público, para "descontaminar" o culto a Hernández "socavado" polo esoterismo e as prácticas supostamente máxicas, moitas veces asociadas ao espiritismo e a bruxería.[30]
Homenaxes
Varios lugares de Venezuela foron nomeados na súa honra, entre eles o Hospital Xeral Dr. José Gregorio Hernández e a Universidade José Gregorio Hernández.
Publicacións
1893 – Sobre el número de glóbulos rojos. Gaceta Médica de Caracas.
1894 – Sobre angina de pecho de naturaleza paludosa. Gaceta Médica de Caracas.
1910 – Lecciones de bacteriología. Gaceta Médica de Caracas.
1910 – Lesiones anatomo–patológicas de la pulmonía simple o crupal. Gaceta Médica de Caracas.
1910 – De la nefritis a la fiebre amarilla. Gaceta Médica de Caracas.
1912 – Elementos de filosofía. Caracas, Empresa El Cojo. Segunda edición: 1912. Tercera edición: 1959.
1913 – Renuncia ante la Academia Nacional de Medicina. Gaceta Médica de Caracas.
1918 – Nota preliminar acerca del tratamiento de la tuberculosis por el aceite de Chaulmoogra. Gaceta Médica de Caracas.
1922 – Elementos de bacteriología. 2.ª edición: Caracas. El Cojo.
1968 – Obras completas. Caracas. Universidad Central de Venezuela. Edición del doctor Fermín Vélez Boza.
1995 – Sobre Arte y Estética (selección de Elementos de filosofía máis o artigo Visión de Arte, publicado orixinalmente na revista El Cojo Ilustrado, N.º 491, 1 de xuño de 1912). Maracay, La Liebre Libre, 1995. Prólogo de Juan Carlos Chirinos.
Cine e televisión
En 1990 producíronse en Venezuela dous telefilmes sobre a súa vida:
El Venerable de RCTV, sendo interpretado por Flavio Caballero.
José Gregorio Hernández, el siervo de Dios de Venevisión, encarnado por Mariano Álvarez.