A parasitoloxía é unha subdisciplina do eido da microbioloxía que estuda o fenómeno do parasitismo. Por unha banda, estuda aos organismos vivos parasitos e a relación entre eles cos seus hóspedes e o medio ambiente. Tradicionalmente, ocúpase só dos parasitos eucariotas como son os protozoos, helmintos (tremátodos, nemátodos e céstodos) e artrópodos; o resto de organismos parasitos (virus, procariotas e fungos) tradicionalmente considéranse unha materia propia da microbioloxía. Por outra banda, estuda as parasitoses ou doenzas causadas no ser humano, animais e plantas polos organismos parasitos.