José Enrique Pereira Míguez[1] ou quizais Miguez,[2] nado en Redondela o 5 de novembro de 1884 e finado na mesma vila en outubro de 1956, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Pereira Míguez.[3] Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Destacou na loita antiforal e foi concelleiro en 1915. Na Segunda República foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela (1933). Foi secretario da agrupación local do PSOE de Redondela,[1] así como da UGT.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua.[1] Estivo preso no cárcere de Vigo, na illa de San Simón e no Forte de San Cristovo (Pamplona), onde ingresou o 22 de febreiro de 1937.[5] Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Ao saír do Forte de San Cristovo en abril de 1939 estivo desterrado en Ceuta, regresando finalmente a Redondela, onde exerceu outra vez a súa profesión. Tamén foi médico en Domaio e na Lama. Finou en Redondela en outubro de 1956.[6][7]
Vida persoal
Casou con Carmen Ibáñez Araújo, filla de Antonio María Ibáñez Conde, en decembro de 1911,[8][9] e foi pai de Enrique, Carlos, María de los Ángeles, Alberto, Álvaro, María del Carmen e José Pereira Ibáñez. Foi irmán de Manuel, Luis, Florentino e Antonio Pereira Míguez.[9]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "José Pereira Míguez - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "Buscador de represaliados de la Guerra Civil española". buscar.combatientes.es (en castelán). Consultado o 2022-08-22.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6.
- ↑ "Pereira Míguez, José · Censo de Represaliados de la UGT · Censo de Represaliados y Víctimas de la UGT". censorepresaliadosugt.es. Consultado o 2022-08-22.
- ↑ "Pereira Míguez, José Enrique". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-10-1956, p. 12.
- ↑ Necrolóxica en La Noche, 17-10-1957, p. 6.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 12-12-1911, p. 2.
- ↑ 9,0 9,1 "Family tree of D.José Pereira Míguez". Geneanet (en inglés). Consultado o 2022-08-22.
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 301–304. ISBN 84-8485-090-0.
Ligazóns externas