Manuel Rodríguez Magariños

Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Magariños
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Santo Estevo de Budiño, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Forte de San Cristovo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose pulmonar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 869

Manuel Rodríguez Magariños, coñecido como Gorello, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) cara a 1903 e finado en Pamplona o 2 de xaneiro de 1938, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria

Xornaleiro de Redondela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, foi condenado a 20 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Ingresou no Forte de San Cristovo o 22 de febreiro de 1937. Morreu de tuberculose pulmonar no Forte San Cristovo o 2 de xaneiro de 1938. Foi soterrado no cemiterio de Berriosuso. Abríronlle expediete de responsabilidades políticas en outubro de 1943.[1]

Vida persoal

Estaba casado e tiña sete fillos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas