Jesús Olimpio Giráldez Fernández

Modelo:BiografíaJesús Olimpio Giráldez Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1896 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morteoutubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAvelino Giráldez Pazó Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 859

Jesús José Olimpio Giráldez Fernández, nado en Redondela o 17 de xuño de 1896 e finado na mesma vila en outubro de 1969, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Avelino Giráldez Pazó. Foi vicepresidente do Redondela FC (1924) e concelleiro en varias ocasións. Na Segunda República foi elixido presidente da Asociación de Beneficencia (1932) e do Casino (1934). Militou no Partido Galeguista, formando parte da última directiva do período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na illa de San Simón e no Forte de San Cristovo (Pamplona).[1] Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Durante o franquismo foi presidente da Hermandad Sindical de Labradores de Redondela. Finou en Redondela en outubro de 1969.[2]

Vida persoal

Casou con Carmen Lera Figueras.

Notas

  1. "Giráldez Fernández, Jesús Olimpio". Los presos del penal de Ezcaba. 
  2. El Pueblo Gallego, 25-10-1969, p. 15.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 301–304. ISBN 84-8485-090-0.