Manuel Barros Montero , coñecido como Xabelón , nado en Redondela en 1920 e finado no mesmo concello en agosto de 2007 , foi un mariñeiro e político galego .
Fragmento das Memorias de Manolo Barros .
Traxectoria
Mariñeiro de Redondela. Militante do PCE . Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez , Gustavo Otero Sestelo , Manuel Loureiro Pérez , Jesús Olimpio Giráldez Fernández , Francisco Darriba Pérez , Pompeyo Blanco Villar , Manuel Bouzas Puerta , Constante Carballido , Manuel Álvarez Castro , Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós , Manuel Rodríguez Magariños , Jesús Gómez Casal e Manuel Blanco Camiña , foi condenado a 6 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Preso na illa de San Simón entre 1937 e 1938. Despois pasou á Prisión Provincial de Valladolid, de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1940.[ 1] Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas eleccións municipais de 1983 .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Barros Montero, Manuel (2006). Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista . Fundación 10 de marzo. ISBN 84-934720-4-2 .
Ligazóns externas