Gustavo Otero Sestelo

Modelo:BiografíaGustavo Otero Sestelo
Biografía
Nacementooutubro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPedro Otero Milleiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsErnestina Otero
Pedro Otero Sestelo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 863

Gustavo Otero Sestelo, nado en Redondela en outubro de 1904 e finado no mesmo concello o 11 de xullo de 1958, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Pedro Otero Milleiro e irmán de Ernestina Otero. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na Segunda República foi nomeado xuíz municipal de Redondela en setembro de 1931.[1] En 1936 foi nomeado Delegado do gobernador civil en Redondela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 22 de febreiro de 1937. O 16 de febreiro de 1939 foi trasladado á Prisión de Figueirido. Abríronlle expediete de responsabilidades políticas en outubro de 1943.[2] Finou en Redondela o 11 de xullo de 1958.[3]

Vida persoal

Casou en Moscoso con Hilda Ventín Cabadas e foi pai de Gustavo, Ricardo e Pedro Otero Ventín.

Notas

  1. El Progreso, 2-9-1931, p. 2.
  2. BOE, 22-1-1944, p. 402-403.
  3. La Noche, 14-7-1958, p. 5.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas