Pedro Otero Milleiro, nado en Redondela en 1866 e finado na mesma vila o 5 de abril de 1941, foi un farmacéutico, xornalista e político galego
Traxectoria
Fillo de José Otero Martínez. Con 20 anos licenciouse en farmacia e ao ano seguinte foi elixido vocal do Liceo de Artesanos. Foi administrador de El Eco de Redondela. Foi Xuíz municipal interino en 1902 e 1911. Foi concelleiro (1915), alcalde de Redondela (1917) e deputado provincial. Foi elixido presidente da Unión Patriótica de Redondela en 1924.
Vida persoal
Casou con Lucila Sestelo González e foi pai de Ernestina e Pedro Otero Sestelo. Foi avó de Pedro Otero Rey.
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 16. ISBN 84-8302-720-8.