Claudio Contreras Valiñas, nado en 1880 e finado o 18 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Contreras González, que fora alcalde da Lama, e de Generosa Valiñas Áspera. Colaborou en La Idea e La Opinión, do que foi principal inspirador ata a súa saída das filas do agrarismo. Foi alcalde de Redondela (1914-1915), deputado provincial[1] designado polo Marqués de Riestra e Gobernador civil de Zamora durante a ditadura de Primo de Rivera e Gobernador Civil de Almería dende marzo de 1931.
Vida persoal
Casou no Porriño con Teresa Quirós Pereira en 1913.[2] O seu irmán Ricardo foi, tamén, alcalde de Redondela.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. p. 31. ISBN 84-8302-720-8.