Jean de Witte

Modelo:BiografíaJean de Witte

Retrato de Jean de Witte

Biografía
Nacemento(fr) Jean Joseph Antoine Marie de Witte Editar o valor en Wikidata
24 de febreiro de 1808
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1889 (81 anos)
París.
País de nacionalidadeBélxica Belga.
Q89547790Estudos sobre cerámica antiga.
Director de Revue numismatique.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía, numismática e epigrafía.
Ocupaciónarqueólogo clásico, numismático, escritor, epigrafista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVéxase sección "Pertenza a sociedades eruditas".
Membro de
Influencias
Charles Lenormant.
Théodore Panofka.
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
FamiliaThe noble family "de Witte" (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnne Louise Marie de Crespin de Billy (1843). Editar o valor en Wikidata
FillosPaul de Witte.
Henry de Witte. Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase a sección "Distincións".

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1496026


Brasón familiar

O barón Jean Joseph Antoine Marie de Witte, nado en Anveres o 24 de febreiro de 1808 e finado en París o 29 de xullo de 1889, foi un arqueólogo, numismático e epigrafista belga.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Jean de Witte naceu en Anveres en 1808, fillo de Marie Thérèse Henrry (1769-1863) e de Jean Joseph de Witte (1766-1851), unha familia procedente do Brabante.[1][2]

Marchou a vivir a París con 13 anos. Alí formouse en filoloxía grega e latina, historia e xeografía, coñecementos que supuxeron unha importante base para a súa carreira posterior como arqueólogo.[3] Completou logo a súa formación co arameo e outras linguas semíticas, ademais das linguas modernas de cultura do seu tempo.[4]

En 1810 partiu cara a Grecia e Asia Menor, onde permaneceu durante tres anos acompañando un grupo de eruditos alemáns. Alí iniciouse na arqueoloxía e fixo as súas primeiras descubertas.[5]

Carreira profesional

De volta en París, coñeceu a Charles Lenormant en 1829, un arqueólogo e numismático que tivo unha influencia moi notable na súa carreira.[5] Lenormant colaborou con Witte no seu primeiro traballo monográfico, a redacción dun catálogo da colección de antigüidades de M. Durand, que se publicou en 1836.[6][7] Durante os traballos no gabinete de Durand, de Witte coñeceu outro dos seus mestres, o arqueólogo alemán Théodore Panofka, quen en 1828 fundara en Roma o Instituto de Correspondencia Arqueolóxica, no que Witte ingresou en 1829.[8] Os encontros entre Witte e Panofka foron moi frecuentes durante as décadas de 1830 e 1840, en diversas cidades alemás, como Berlín, Múnic ou Frankfurt, e tamén en París.[9]

En 1835, de Witte foi un dos membros do comité de eruditos que fundou a revista Annales de l'Institut archéologique, editada en París. [10]

No curso 1835-1836, Witte asistiu ás clases de Historia impartidas por Lenormant na Facultade de Letras de París.[11] En 1840, ambos viaxaron a Londres para estudar de preto as antigüidades conservadas no Museo Británico, e alí conseguiron descifrar as inscricións da famosa hidria grega pintada por Midas.[12] Xuntos emprenderan tamén, xa en 1837, a confección dunha vasta obra sobre a historia das relixións na antigüidade a partir de monumentos ceramográficos. Publicáronse catro volumes deste traballo, entre 1844 e 1861, mais a obra ficou inconclusa pola repentina morte de Lenormant en 1859.[7][9]

En 1841, Witte coñeceu o arqueólogo e profesor da Universidade de Gante Joseph Emmanuel Roulez, con quen realizou unha viaxe por Italia, Grecia e Oriente que resultou determinante na súa carreira como arqueólogo.[13] Tamén en 1841, entre os meses de xullo e decembro, viaxou con Lenormant a Italia, Grecia, Asia Menor e Constantinopla, esta vez na compaña, entre outros, de Prosper Mérimée, para visitar os monumentos e as grandes coleccións destas importantes áreas arqueolóxicas. O resultado desta longa viaxe foi un voluminoso cartafol de debuxos, a maior parte de vasos pintados, destinados á obra que en 1837 emprendera con Lenormant, sobre os monumentos ceramográficos.[14]

A partir da década de 1840, de Witte entrou a formar parte das máis prestixiosas sociedades eruditas do continente,[15] e participou con numerosas colaboracións sobre arqueoloxía, numismática e outras áreas afíns en diversas publicacións especializadas, como a Revue numismatique, a Revue archéologique, a Gazette archéologique ou o Bulletin de l'Institut archéologique, entre outras moitas.[16]

En 1855 emprendeu, xunto con Adrien de Longpérier, a publicación do Bulletin archéologique de l'Athenœum français, de efémera existencia, xa que unicamente durou dous anos. En 1856, cando Louis de la Saussaye renunciou á dirección da Revue numismatique, Jean de Witte acordou con Longpérier facerse cargo desta publicación e dirixila conxuntamente.[17] Nesta segunda época da revista publicáronse 15 volumes, entre 1856 e 1877.[18] Neste último ano, a dirección de Revue numismatique pasou a un comité formado por Anatole de Barthélémy, G. Schlumberger e Ernest Babelon, aínda que de Witte seguiu a formar parte da comisión de publicacións da revista ata a súa morte.[19]

En 1862, foi chamado a participar na ordenación e na clasificación da Colección Campana, do Museo Napoleón III, que fora adquirida polo emperador e exposta posteriormente no Palacio da Industria, en París. Así mesmo, foi nomeado membro da comisión creada polo Goberno francés para distribuír as obras de arte desta colección entre o Museo do Louvre e outros museos departamentais francesas, e conseguiu que algunhas fosen tamén ao Museo Real de Antigüidades de Bruxelas.[20]

Logo dunha vida de constantes viaxes e alternando a súa residencia fundamentalmente entre París e Bruxelas, de Witte permaneceu en Anveres durante o Asedio de París e os sucesos do inverno de 1870-1871. Logo de se asinar a paz, regresou a París e instalouse no seu hotel do número 5 da rúa Fortin (actual rúa Paul Baudry), que non volveu abandonar excepto para asistir ás sesións anuais da sección de Letras da Academia de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica. En maio de 1872 asistiu tamén, como delegado da Académie des inscriptions et belles-lettres, ás celebracións do centenario da Academia Real de Bélxica.[21]

Nos seus derradeiros anos, de Witte, que ao longo dos anos fora compondo unha importante colección numismática, doou en varias ocasións pezas de singular rareza á colección do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[22]

A biblioteca do Instituto de Francia alberga a colección epistolar de de Witte.[23]

Pertenza a sociedades eruditas

Jean de Witte foi membro de diversas sociedades eruditas e científicas; estas son algunhas das máis sinaladas:[15]

  • 1829: membro correspondente do Instituto de Correspondencia Arqueolóxica, de Roma; membro en 1832, secretario suplente en 1833 e membro da dirección en 1840.
  • 1840: membro correspondente da Academia Real de Bélxica; membro en 1851.
  • 1841: membro da Academia Real de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica.[24]
  • 1841: membro correspondente da Sociedade Arqueolóxica de Atenas.
  • 1842: membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres; membro asociado en 1864.[25]
  • 1844: membro correspondente da Academia Pontificia Romana de Arqueoloxía.
  • 1845: membro correspondente da Academia Real de Ciencias de Berlín.[26]
  • 1846: membro asociado estranxeiro da Sociedade de Anticuarios de Francia; membro asociado honorario desde 1887.
  • 1852: membro correspondente da Academia de Erculanesa de Arqueoloxía, de Nápoles.
  • 1857: membro da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
  • 1861: membro da Sociedade Real de Anticuarios do Norte, de Copenhague.
  • 1861: membro correspondente do Instituto Arqueolóxico de Gran Bretaña e Irlanda.
  • 1864: membro correspondente do Instituto de Francia.
  • 1867: membro titular da Academia Real de Arqueoloxía de Bélxica.

Distincións

Sepultura de Jean de Witte no cemiterio de Montmarte.

Vida persoal

Jean de Witte casou o 19 de abril de 1843 con Anne Louise Marie de Crespin de Billy (1823-1893), procedente dunha das familias máis respectadas de Orleáns,[28] con quen tivo dous fillos, chamados Paul e Henry de Witte.[2]

De Witte Morreu o 29 de xullo de 1889 aos 81 anos, no seu hotel do número 5 da rúa Fortin, de París.[2] Foi soterrado o 1 de agosto,[29] no cemiterio de Montmartre.

Publicacións

Ao longo da súa traxectoria académica, Jean de Witte publicou diversos artigos en revistas especializadas do seu tempo. Tamén foi autor de máis dunha decena de traballos monográficos, das que aquí se escolman algunhas das máis salientables:[16][30]

Notas

  1. Marchal, E. (1907). Páxina 49.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jean de Witte". Geneanet.org
  3. Marchal, E. (1907). Páxina 52.
  4. Marchal, E. (1907). Páxina 53.
  5. 5,0 5,1 Marchal, E. (1907). Páxina 54.
  6. Marchal, E. (1907). Páxina 55.
  7. 7,0 7,1 Véxase a sección "Publicacións".
  8. Marchal, E. (1907). Páxinas 58-60.
  9. 9,0 9,1 Marchal, E. (1907). Páxina 61.
  10. En Nouvelles annales publiées par la section française de l'institut archéologique. Tomo I. 1836. Páxina vi.
  11. Marchal, E. (1907). Páxina 56.
  12. Marchal, E. (1907). Páxina 62.
  13. Marchal, E. (1907). Páxina 63.
  14. Marchal, E. (1907). Páxinas 64-74.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 Marchal, E. (1907). Páxinas 137-138.
  16. 16,0 16,1 "Bibliographie du baron J. de Witte". En Marchal, E. (1907). Páxinas 89-136.
  17. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxina 47.
  18. Marchal, E. (1907). Páxina 75.
  19. Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxinas 24-25.
  20. Marchal, E. (1907). Páxina 76.
  21. Marchal, E. (1907). Páxina 77.
  22. Marchal, E. (1907). Páxina 80.
  23. Dehérain, H. (1913).
  24. "Baron Jean Joseph Antoine Marie de Witte". Académie royale des sciences, des lettres et des beaux arts (Academieroyale.be).
  25. "Académiciens depuis 1663". Académie des inscriptions et des belles-lettres (Aibl.fr).
  26. "Jean-Joseph-Marie-Antoine Baron de Witte". Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften (Bbaw.de).
  27. La noblesse belge. Fascicule de l'annuaire de 1899. II. Veuve Monnom, Bruxelas. 1901. Páxina 2.624.
  28. Marchal, E. (1907). Páxina 74.
  29. Marchal, E. (1907). Páxina 83.
  30. "Jean De Witte (1808-1889) - Toutes ses œuvres". Bibliothèque nationale de France (Bnf.fr).

Véxase tamén

Bibliografía