Isaac Albéniz |
|
Nacemento | (es) Isaac Manuel Francisco Albéniz y Pascual 29 de maio de 1860 Camprodon, España |
---|
Morte | 18 de maio de 1909 (48 anos) Cambo-les-Bains, Francia |
---|
Causa da morte | nefrite (pt) |
---|
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc |
---|
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Conservatorio Real de Bruxelas Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) Conservatorio de París |
---|
|
Ocupación | pianista de música clásica, Virtuoso, director de orquestra, compositor, pianista |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Ópera, zarzuela e Sardana |
---|
Profesores | Antoine-François Marmontel, François-Auguste Gevaert, Felip Pedrell, Eduard Compta i Torres (en) , Manuel Mendizábal (pt) e Carl Reinecke |
---|
Alumnos | Déodat de Séverac, René de Castéra (pt) e Clara Sansoni (en) |
---|
Instrumento | Piano |
---|
|
Obras destacables |
|
Fillos | Alfonso Albéniz Jordana, Laura Albéniz Jordana |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Diccionario biográfico y bibliográfico de escritores y artistas catalanes del siglo XIX (1889-1895) (pt) , (vol:1, sec:Albéniz (D. Isaac), p.11) |
---|
|
Isaac Manuel Francisco Albéniz, nado en Camprodon (Xirona) o 29 de maio de 1860 e finado en Cambo-les-Bains (Pireneos Atlánticos, Francia) o 18 de maio de 1909, foi un pianista e compositor español, coñecido polas súas obras para piano baseadas na música popular española.
Non soamente se dedicou á música para este instrumento: tamén escribiu obras para teatro, seis óperas (máis unha inacabada e tres esbozadas) e máis de dúas ducias de cancións, así como varios temas orquestrais e de música de cámara.
Traxectoria
Neno prodixio, debuta como pianista con só catro anos nun recital en Barcelona, nesa cidade vai estudar piano, tenta entrar no conservatorio de París, sen éxito, en 1869 a súa familia trasládase a Madrid, en 1876 recibe unha bolsa de estudos de Afonso XII para estudar no conservatorio de Bruxelas, en 1879 regresa a España e en 1883 establécese en Barcelona, onde coñece a Felipe Pedrell quen o convence para escribir música española tal como a Suite Española, Op. 47, o quinto movemento, Asturias (Leyenda) é a máis famosa das obra dese tempo no mundo da guitarra clásica, aínda que orixinalmente fora composta para piano, e só máis tarde transcrita para guitarra por Francisco Tárrega.
Entre 1889 e 1900 viviu en Londres e París e escribiu sobre todo obras teatrais. Iberia, composta entre 1905 e 1908, é a súa obra máis coñecida.