Igrexas ortodoxas non canónicas

Co nome de igrexas ortodoxas non canónicas, ortodoxia non canónica ou ortodoxia independente, coñécese a varias comunidades e grupos eclesiásticos que se clasifican eles mesmos como cristiáns ortodoxos, mais que por diversas circunstancias non forman parte da Igrexa ortodoxa e non están en comuñón con ela.

Clasificación

Na obra de catro volumes de P. V. Bochkov sobre as xurisdicións ortodoxas non canónicas, fai unha clasificación en catro grupos: divisións políticas, reformistas, ideolóxico-nacionais, e veterocalendaristas.[1]

Vellos crentes

Os vellos crentes son unha serie de movementos e organizacións que, dentro da tradición ortodoxa rusa, teñen orixe nas reformas do patriarca Nikon. Malia que durante o século XX a Igrexa ortodoxa rusa suavizou significativamente a súa posición, isto non trouxo a restauración da comuñón eclesiástica entre os vellos crentes e a Igrexa ortodoxa. Pola súa banda, os vellos crentes consideran heterodoxos ao resto de cristiáns ortodoxos. Non hai uniformidade de crenzas entre os vellos crentes, que se poden clasificar como segue:

Igrexa ortodoxa verdadeira

Coñécese con este nome a igrexas ortodoxas tradicionalistas que separáronse a partir da década de 1920 da Igrexa ortodoxa por motivos diversos, como as reformas do calendario, a participación da Igrexa ortodoxa no ecumenismo, ou o rexeitamento da autoridade da Igrexa ortodoxa. Estes grupos rexeitan a concelebración da Eucaristía coa Igrexa ortodoxa, mantendo ao mesmo tempo que seguen a formar parte da Igrexa pola súa profesión de fe cristiá ortodoxa, a conservación da sucesión apostólica, etc.

Igrexas autocéfalas nacionais

Existen varias comunidades relixiosas ortodoxas que xorden por motivos políticos, normalmente vencellados ao nacionalismo ou por oposición ás relacións de control (real ou percibido) da xerarquía dunha determinada Igrexa polos diferentes gobernos civís.

Igrexas ortodoxas reformistas, reformadas ou renovacionistas

Notas

  1. Бочков, П. В. (2018). Обзор неканонических православных юрисдикций XX—XXI вв.: монография: в 4 т. San Petersburgo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lane, Christel (1978). Christian Religion in the Soviet Union: A Sociological Study. SUNY Press. pp. 115-116. ISBN 9780873953276. 
  3. Bobică, Radu. Dicționar de termeni și concepte teologice (en romanés). ePublishers & Editura Coresi. pp. 203–204. 
  4. (Burgess 2024, p. 118)
  5. Изоркин, А. В. (2001). История Чувашии новейшего времени: 1917-1945. Чувашский гос. ин-т гуманитарных наук. p. 118. ISBN 9785876770356. 
  6. "Чувашская автокефальная церковь просуществовала около десяти лет". idelreal.org (en ruso). 17 de outubro de 2018. Consultado o 30/12/2024. 
  7. Magocsi, Paul Robert (2010). A History of Ukraine: The Land and Its Peoples, Second Edition. University of Toronto Press. p. 743. ISBN 9781442698796. 
  8. "Supreme Court of Ukraine confirms that UOC-KP was liquidated legally". Religious Information Service of Ukraine (RISU.org) (en inglés). 8 de xuño de 2021. In particular, the decision states that the resolution of the local council of the UOC-KP, which took place on December 15, 2018, just before the Unification Council, is valid. This decree, which was signed personally by Bishop Filaret, stopped the activities of the religious organization "Kyiv Patriarchate of the UOC-KP". 
  9. "Filaret’s 'Council' restores UOC-KP with all its structure, property and criticizes Tomos". Religious Information Service of Ukraine (RISU.org) (en inglés). 20 de xuño de 2019. 
  10. Biondich, Mark (2004). ""We were defending the State"". En Lampe, John; Mazower, Mark. Ideologies and National Identities: The Case of Twentieth-Century Southeastern Europe. Central European University Press. pp. 64–65. ISBN 9789639241824. 
  11. "The Abkhaz Orthodox Church's bid for independence". JAMnews. 23 de febreiro de 2021. 
  12. Freedom House, ed. (2023). Freedom in the World 2022: The Annual Survey of Political Rights and Civil Liberties. Rowman & Littlefield. p. 1387. ISBN 9781538166185. 
  13. Vignot, Bernard (1991). Les églises parallèles (en francés). Les Editions Fides. pp. 24–25. ISBN 9782204042949. 
  14. Lesegretain, Claire (4 de febreiro de 1999). "Orthodoxie". La Croix (en francés). ISSN 0242-6056. Arquivado dende o orixinal o 25/07/2019. Consultado o 28/12/2024. 
  15. Roslof, Edward E. (2002). Red Priests: Renovationism, Russian Orthodoxy, and Revolution, 1905-1946. Indiana University Press. pp. xiii–xiv. ISBN 9780253109460. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Burgess, Michael (2024). The Eastern Orthodox Churches: Concise Histories with Chronological Checklists of Their Primates. McFarland. ISBN 9781476606958.