Hermann de Reichenau Nome orixinal (de) Hermann von Reichenau Nacemento 18 de xullo de 1013 Altshausen (Sacro Imperio Romano Xermánico)
Morte 24 de setembro de 1054 (41 anos)Abbey of Reichenau (Sacro Imperio Romano Xermánico)
Abade Abbey of Reichenau (en) 1048 – 1054 (morte ) ← Berno de Reichenau (pt)
Relixión Cristianismo Campo de traballo Matemáticas , historia , astronomía , música sacra (pt) , chronicle writing (en) , astroloxía e teoría musical Ocupación cronista , astrónomo , astrólogo , historiador , escritor , matemático , teórico da música , musicólogo , compositor , poeta Movemento Música medieval (pt) Alumnos Berthold of Reichenau (en) Orde relixiosa Orde de San Bieito Día de festividade relixiosa 24 de setembro Pais Wolfrad II Graf von Aleshausen e Hiltrude von Trauchburg und Saulgau Irmáns Werinharius (Werner) von Veringen Manegold II Graf von Alshausen und Isinum Descrito pola fonte Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih ,
Hermann de Reichenau, á dereita, cun astrolabio
Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis ), nado en Altshausen , na actual Alemaña , o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054 , foi un estudoso do século XI , compositor e teórico musical , matemático e astrónomo . Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Prexudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau , unha illa no lago Constanza . Hermannus contribuíu ás catro artes do quadrivium . Era coñecido como compositor musical, mais tamén escribiu un tratado sobre a ciencia da música, varias obras sobre xeometría e aritmética e tratados astronómicos (incluíndo instrucións para a construción dun astrolabio ).
Como historiador , escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, compilando por primeira vez os acontecementos do primeiro milenio despois de Cristo espallados en varias crónicas nun único traballo, ordenándoas despois do cómputo da era cristiá. O seu discípulo, Berthold , foi o seu continuador.
Foi beatificado en 1863 .
Véxase tamén
Ligazóns externas