Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameoabba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.