Hajime Isayama (諫山 創, Isayama Hajime?), nado en Ōyama, Ōita en 1986, é un artista manga. A súa primeira serie de manga, Shingeki no Kyojin, vendeu preto de 36 millóns de copias ata abril de 2014.[1] As súas influencias son Tsutomu Nihei, Ryōji Minagawa, Kentaro Miura, Hideki Arai e Tōru Mitsumine e declarou que o manga que máis influíu na súa obra é ARMS.[2]
Traxectoria
Isayama estudou secundaria no Instituto Hitarinkou da Prefectura de Ōita, e posteriormente asistiu ó programa de deseño de historietas da Kyushu Designer Gakuin. En 2006, Isayama recibiu un premio no Magazine Grand Prix da editorial Kōdansha por Shingeki no Kyojin. Inicialmente, o autor tiña pensado publicar a súa obra na revista semanal Shōnen Jump da editorial Shūeisha, pero pedíuselle que modificara o estilo e a historia para que se afixera á revista. Por ese motivo, decidiu probar con outra revista, esta vez a Shōnen Magazine de Kōdansha.[3] Malia que non o conseguiu, Shingeki no Kyojin comezou a publicarse en setembro de 2009 en Bessatsu Shōnen Magazine, outra revista de Kōdansha.[4] En 2011, o manga gañou o premio Kōdansha Manga Shō na categoría mellor shōnen.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas