Gustavo López

Modelo:BiografíaGustavo López
Biografía
Nacemento(es) Gustavo Adrián López Pablo Editar o valor en Wikidata
13 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Valentín Alsina, Arxentina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1 de decembro de 1991 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1995   CA Independiente 74(9)
1996–1999   Real Zaragoza 105(12)
1999–2007   Celta de Vigo 238(22)
2007–2008   Cádiz CF 33(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–2003   Arxentina 32(4)
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata

Twitter: cuervolopez FIFA: 170151 UEFA: 31108 Editar o valor en Wikidata

Gustavo Adrián López Pablo, nado en Valentín Alsina (Lanús, provincia de Buenos Aires) o 13 de abril de 1973, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria

O director técnico Ricardo Bochini fíxoo debutar en primeira división o 1 de decembro de 1991 fronte a Boca Juniors (o partido terminou 1-1). Comezou a súa carreira con éxitos e grandes actuacións, pero co paso do tempo decaeu ata que en 2003 deixou de participar na súa selección nacional.

Nos seus comezos no Independente reunía tres elementos claves para ser adorado pola afección: grandes calidades técnicas, ter xurdido das divisións inferiores e ser afeccionado do club. Por iso, no pouco tempo que estivo no club converteuse nun referente histórico. E tamén polas grandes alegrías que proporcionou. Antes de partir para España, gañou catro títulos co equipo de Avellaneda.

No mercado de fichaxes de inverno da temporada 1995/1996 recaeu no Real Zaragoza para xogar na liga española. O equipo aragonés pagou por el uns 420 millóns de pesetas, polo que se converteu na fichaxe máis cara do club ata ese momento. O traspaso estivo a piques de truncarse, xa que a Gustavo López detectóuselle alto risco de lesión no xeonllo esquerdo no recoñecemento médico. Finalmente, a operación realizouse ó aceptar Independente facer unha póliza de seguro que cubrise calquera posible lesión irreversible.

Para a temporada 1999/2000 foi transferido ó Real Club Celta de Vigo a cambio de 400 millóns de pesetas. Co equipo galego consagrouse como futbolista de gran nivel en Europa, chegando a ser pretendido por outros clubs máis poderosos.

Ata a temporada 2006/2007 seguiu como xogador do Real Club Celta de Vigo, sendo un dos capitáns e un futbolista moi querido pola afección. Trala fin da devandita campaña, que rematou co descenso do Celta á segunda división, o club e Gustavo non acadaron un acordo para a renovación, malia a que o xogador expresara o seu desexo de rematar a súa carreira deportiva en Vigo.

Tras coñecerse que o club descartara toda posibilidade de renovación do xogador, a afección mobilizouse e recolléronse arredor de mil sinaturas para presentar á directiva do Celta esixíndolle a continuidade de Gustavo no equipo vigués.

Selección nacional

Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina contra Iugoslavia (1-0) a finais de 1994. Xogou un total de 37 partidos coa 'albiceleste'.

Ademais, disputou os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, a Copa América 1999 e o Mundial 2002.

Clubs

Club Categoría Ano Partidos Goles
Independiente Primeira División 1991/1992 18 2
Independiente Primeira División 1992/1993 30 4
Independiente Primeira División 1993/1994 10 1
Independiente Primeira División 1994/1995 7 1
Independiente Primeira División 1995/1996 9 1
Real Zaragoza Primeira División 1995/1996 18 2
Real Zaragoza Primeira División 1996/1997 33 4
Real Zaragoza Primeira División 1997/1998 22 1
Real Zaragoza Primeira División 1998/1999 32 5
Celta de Vigo Primeira División 1999/2000 32 6
Celta de Vigo Primeira División 2000/2001 34 5
Celta de Vigo Primeira División 2001/2002 29 3
Celta de Vigo Primeira División 2002/2003 33 1
Celta de Vigo Primeira División 2003/2004 30 2
Celta de Vigo Segunda División 2004/2005 33 1
Celta de Vigo Primeira División 2005/2006 15 1
Celta de Vigo Primeira División 2006/2007 31 3
Cádiz CF Primeira División 2007/2008 33 2

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Torneo Clausura Independiente Arxentina 1994

Copas internacionais

Título Club Rexión Ano
Supercopa Suramericana Independiente Suramérica 1994
Supercopa Suramericana Independiente Suramérica 1994
Recopa de Europa Independiente Suramérica 1995
Medalla de Prata Selección Arxentina Xogos Olímpicos 1996
Copa Intertoto Celta de Vigo Europa 2000

Distincións Individuais

Distinción Ano
Rei do fútbol de América (3º posto) 1994

Participacións en Torneos Internacionais

Torneo Ano
Xogos Olímpicos 1996
Copa América 1999
Copa Mundial 2002