Cando a guanina está unida á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixínase a desoxiguanosina. Cando a esta se lle une un fosfato en posición 5' orixina o nucleótido dGMP. A 8-oxo-2'-desoxiguanosina é un derivado oxidado da desoxiguanosina, orixinado durante a oxidación do ADN[1].
A guanosina requírese como cofactor para o splicing do ARN durante o "auto-splicing" dun intrón do grupo I, como por exemplo os do pre-ARNr do protozooTetrahymena, xa que a guanosina ataca o sitio de splicing 5' do intrón.[3]
Degradación da guanosina
A guanosina (procedente da degradación do GMP pola 5'-nucleotidase) produce ribosa e guanina pola acción do encima nucleosidase. A ribosa pode volverse a reutilizar. A guanina pode seguir degradándose dando xantina e finalmente ácido úrico, que é excretado polos primates.
Estrutura química da guanosina.
A 8-oxoguanosina é un derivado oxidado da guanosina.
Estrutura química da 2-desoxiguanosina.
A 8-oxo-2'-desoxiadenosina é un derivado oxidado da desoxiadenosina.
Comparación das estruturas da guanosina e do aciclovir.
Notas
↑Nadja C. de Souza-Pinto, Lars Eide, Barbara A. Hogue, Tanja Thybo, Tinna Stevnsner, Erling Seeberg, Arne Klungland, and Vilhelm A. Bohr (2001). "Repair of 8-Oxodeoxyguanosine Lesions in Mitochondrial DNA Depends on the Oxoguanine DNA Glycosylase (OGG1) Gene and 8-Oxoguanine Accumulates in the Mitochondrial DNA of OGG1-defective Mice". Cancer Research61 (14): 5378–5381. PMID11454679.