A desoxiguanosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiguanosina ou ácido 5'-desoxiguanílico (ou desoxiguanilato), abreviada como dGMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].
A función do dGMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dAMP, dCMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleósidos trifosfato, neste caso dGTP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleósidos monofosfato, neste caso dGMP.
Notas