Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A hipoxantina é un derivado natural da purina de fórmula C5H4N4O [1]
. Encóntrase en raras ocasións como unha base nitroxenada que forma parte dos ácidos nucleicos, onde pode aparecer no anticodón do ARNt formando parte do nucleósido inosina[2]. Ten un tautómero denominado 6-hidroxipurina (figura de abaixo). A hipoxantina é un aditivo necesario para certas células, bacterias, e cultivos de parasitos como substrato e fonte de nitróxeno. Por exemplo, é necesaria en cultivos do parasito da malaria, xa que o Plasmodium falciparum requírea para a síntese de ácidos nucleicos e para o seu metabolismo enerxético.
A hipoxantina é tamén un produto espontáneo da desaminación da adenina. Debido á grande semellanza da hipoxantina coa guanina, a desaminación espontánea da adenina pode orixinar erros na transcrición e tradución do ADN.