Gotthold Ephraim Lessing |
|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1729 Kamenz (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 15 de febreiro de 1781 (52 anos) Braunschweig (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Lugar de sepultura | Braunschweig |
---|
Relixión | Cristianismo |
---|
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg - Mestrado (1751–1752) Universidade de Leipzig - teoloxía (1746–) |
---|
|
Campo de traballo | Artes escénicas |
---|
Lugar de traballo | Hamburgo Lutherstadt Wittenberg Leipzig Wolfenbüttel |
---|
Ocupación | letrista, crítico literario, dramaturgo, xornalista, escritor, crítico, teólogo, poeta, bibliotecario, filósofo, dramaturgo, historiador da arte |
---|
Período de actividade | 1749 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Drama |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Eva König |
---|
Pai | Johann Gottfried Lessing |
---|
Irmáns | Theophilius Lessing |
---|
Condenado por | Herexía |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Hamburgische Biografie Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лессинг Готхольд Эфраим) |
---|
|
Gotthold Ephraim Lessing, nado en Kamenz, Saxonia o 22 de xaneiro de 1729 e finado en Braunschweig, Brunswick o 15 de febreiro de 1781, foi un escritor, crítico e dramaturgo alemán.
Traxectoria
Fillo dun pastor e reputado teólogo de Lusace, era o maior de dez irmáns. Aos doce anos, xa un asiduo lector, entra na célebre Furstenschule (escola dos electores) de Saint Afra de Meissen. Adquiríu un bo coñecemento do grego, do latín e do hebreo. Nesa época, debido a súa admiración por Plauto e Terencio decídese a escribir comedias. No outono de 1746, entra na Universidade de Leipzig como estudante de Teoloxía. Mais os seus verdadeiros focos de intereses eran, á vez, a Literatura, a Filosofía e máis a Arte. Porén en 1747 comeza a estudar Medicina, vivindo na casa do seu primo Mylius, un autor cómico con quen debutará no Teatro. En 1751 marcha a Wittemberg para estudar Filoloxía. No 1752 obtén un mestrado de Letras, que lle permite vivir da pluma. Pasa a ser preceptor durante un tempo. Viaxa a Inglaterra de 1756 a 1758. No 1767, foi nomeado director do teatro de Hamburgo e, dous anos máis tarde, convértese en bibliotecario do duque de Brunswick, en Wolfenbüttel. Nesa cidade, no 1773 descubre o manuscrito do problema bovino de Arquímedes. Casa en 1776 con Eva König, que falece en 1778. Isto o torna depresivo, deteriorándose a súa saúde ata falecer o 15 de febreiro de 1781.
Bibliografía (selección)
- Der junge Gelehrte (O xove aprendiz) (1748)
- Der Freigeist ( O Librepensador) (1749)
- Die Juden (Os Xudeus) (1749)
- Miß Sara Sampson (1755)
- Philotas (1759)
- Fabeln (Fábulas) (1759)
- Laokoon oder Ueber die Grenzen der Malerei und Poesie (Laocoonte ou Acerca dos límites da Pintura e da Poesía) (1766)
- Minna von Barnhelm (1767)
- Emilia Galotti (1772)
- Anti-Goeze (1778)
- Nathan der Weise (Natán o Sabio) (1779)
- Ernst und Falk - Gespräche für Freymäurer (Conversas sobre a Masonería) (1776-1778)
- Die Erziehung des Menschengeschlechts (A Educación da Humanidade) (1780)
|
---|
|
Pensadores |
---|
Alemaña | |
---|
España | |
---|
Estados Unidos de América | |
---|
Francia | |
---|
Grecia | |
---|
Irlanda | |
---|
Italia | |
---|
Países Baixos | |
---|
Polonia | |
---|
Portugal | |
---|
Romanía | |
---|
Rusia | |
---|
Reino Unido (Escocia) | |
---|
Xenebra | |
---|
|
|
|
|