Giovanni Antonio Scopoli

Modelo:BiografíaGiovanni Antonio Scopoli

Gravado de G. A. Scopoli
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1723
Cavalese, Condado de Tirol, Sacro Imperio Romano-Xermánico
MortePavia, Condado de Pavia
8 de maio de 1788
Causa da morteIctus
País de nacionalidadeaustríaca
EducaciónUniversidade de Innsbruck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, natural science (en) Traducir, Mineraloxía, entomoloxía e medicina Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Idrija (1754–1769)
Venecia
Banská Štiavnica (pt) Traducir
Cavalese
Pavia
Idrija Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, naturalista
EmpregadorUniversidade de Pavia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaScop. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaScopoli Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:33, p.210)
Biographisch-literarisches Handwörterbuch zur Geschichte der exacten Wissenschaften (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1756296

Giovanni Antonio Scopoli, (ás veces latinizado como Johannes Antonius Scopolius), nado o 3 de xuño de 1723 en Cavalese, Condado de Tirol, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe na provincia de Trento, Italia), e finado o 8 de maio de 1788 en Pavia, foi un médico e destacado naturalista italo-austríaco.

O seu biógrafo Otto Guglia chamouno o "primeiro anacional europeo" e o "Linneo do Imperio austríaco".[1]

Traxectoria

Fillo dun avogado, estudou medicina na Universidade de Innsbruck, onde se doutorou. Exerceu a profesión médica en Cavalese, e despois en Venecia.[2] Neste período comezou a recolectar plantas e insectos da zona dos Alpes.

Durante dous anos foi o secretario particular dol conde de Seckan, e despois exerceu como médico dos mineiros en Idrija, un pequeno pobo de Eslovenia, permaneciendo alí durante sete anos.

En 1761 publicou De Hydroargyro Idriensi Tentamina, que trataba sobre os síntomas debidos ao envelnenamento polo mercurio causado no traballo na minaría.

Scopoli dedicoua moito tempo ao estudo da Natureza local, publicando en 1760 Flora Carniolica, unha importante obra de entomoloxía.

Outra das súas obras foi Anni Historico-Naturales (1769-1772), na que inclúe descricións de novas especies de aves procedentes de diversas coleccións.

En 1769, Scopoli establécese en Chemnitz (hoxe Banská Štiavnica, Eslovaquia) como profesor encargado de química e metalurxia na Academia de Minaría e, en 1777, trasládase á Universidade de Pavia.[2] Alí converteuse nun feroz rival de Lazzaro Spallanzani, a quen acusou de roubar exemplares do Museo de Pavia. Spallanzani foi xulgado e o prolongado xuízo resultou na súa absolución. Pouco despois, Scopoli morreu dun ictus.[3]

O seu último traballo foi Deliciae Flora et Fauna Insubricae (1786-1788), na que se inclúen os nomes científicos das aves e os mamíferos descritos por Pierre Sonnerat nos seus apuntamentos de viaxe.

Scopoli mantivo correspondencia con Carl Linnaeus, o botánico sueco que sentou as bases da taxonomía moderna.[1] Scopoli comunicoulle todas as súas investigacións, descubrimentos e descricións (por exemplo do Proteus anguinus e un glírido, dous pequenos animais até aquela descoñecidos por Linneo). Linneo respetouno moito e mostrou grande interese polo seu traballo. Por mor de estar separados por unha gran distancia, nunca se atoparon.[4][5]

Obras

Flora Carniolica (1760).
Ilustración procedente de Deliciæ Floræ et Faunæ Insubricæ (1786).
  • De affectibus animi dissertatio physico-medica. Trento 1753.
  • Methodus plantarum 1754.
  • Flora Carniolica Scopoli, Antonio. 1760.
  • De Hydroargyro Idriensi Tentamina Scopoli, Antonio. 1761.
  • Tentamina physico-chymico-medica 1761.
  • Entomologia Carniolica Viena: Trattner. 1763. Unha obra mayior sobre entomoloxía que contén numesosas descricións de novas especies.
  • Annus I–V historico-naturalis. Hilscher, Leipzig 1768–1772.
  • Einleitung zur Kenntniß und Gebrauch der Foßilien. Für die Studirenden. Verlag Johann Friedrich Hartknochs, Riga und Mietau 1769.
  • Joh. Ant. Scopoli der Arzneywissenschaft Doktors, Ihro ... Majest. Cameralphysici in der Bergstadt Idria ... Einleitung zur Kenntniß und Gebrauch der Foßilien, Hartknoch4031 Göttingen : Niedersächsische Staats- und UniversitätsbibliothekRiga (1769). Tese de doutoramento.
  • Bemerkungen aus der Naturgeschichte. Leipzig 1770.
  • Abhandlung vom Kohlenbrennen. Viena 1771.
  • De Hydrargyro Idriensi tentamina physico-chymico-medica. Jena, Leipzig 1771.
  • Preis-Schrift über die Frage von den Ursachen des Mangels an Dünger in Görtz und Gradiska. Viena 1771.
  • Anni Histórico-Naturales Scopoli, Antonio. 1769-1772.
  • Dissertationes ad scientiam naturalem pertinentes. Gerle, Praga 1772.
  • Principia mineralogiæ systematicæ et practicæ succincte exhibentia structuram telluris. Gerle, Praga 1772.
  • Flora Carniolica exhibens plantas Carnioliae indigenas et distributas in classes, genera, species, varietates, ordine Linnaeano 1772. Segunda edición revisada da primeira descrición elaborada da flora de Krain, Austria, feita cando Scopoli viviu en Idrija. Ten 66 láminas gravadas por J. F. Rein a partir dos debuxos orixinais de Scopoli. A 1ª edición non ilustrada de 1760, de 600 pp. no ten os nomes binarios das especies; esta edición xa ten nomes binarios seguindo a tradición linneana.
  • Crystallographia Hungarica. Gerle, Praga 1776.
  • Introductio ad historiam naturalem, sistens genera lapidum, plantarum et animalium hactenus detecta, caracteribus essentialibus donata, in tribus divisa, subinde ad leges naturae. Praga 1777. Obra mestra de Historia natural describindo xéneros e especies de todo o mundo.
  • Fundamenta chemicae praelectionibus publicis accomodata. Gerle, Praga 1777.
  • Introductio ad historiam naturalem. Gerle, Praga 1777.
  • Principi di mineralogia. Venedig 1778.
  • Fundamenta Botanica Praelectionibus publicis accomodata. Papiae, S. Salvatoris (1783). Un clásico botánico con dez láminas gravadas e cada unha con de dez a dezaseis ilustraciones exactas.
  • Con Pierre Joseph Macquer, Dizionario di chimica del Sig. Pietro Giuseppe Macquer... Tradotto dal francese e corredato di note e di nuovi articoli... Pavia: impresa no Mosteiro de San Salvatore por G. Bianchi (1783-84). O químico Joseph Macquer e o seu "Dictionnaire de chymie", o primeiro dicionario de química teórica e xeral, escrita afectando s súa reputación, polo que Macquer o publicou anonimamente en 1766. O seu grande éxito promoveu a preparación dunha segunda edición revisada (1778). Máis tarde Scopoli traduciuno e aumentouno extensamente. A segunda edición da obra traducida, sen posteriores adicións, publicouse en Venecia en 1784-1785.
  • Anfangsgründe der Metallurgie. Moeßle, Schwan & Götz, Viena, Mannheim 1786–1789.
  • Deliciae Flora et Fauna Insubricae Scopoli, Antonio. 1786-1788.
  • Elementi di chimica e di farmacia. Pavia 1786.
  • Physikalisch-chemische Abhandlung vom Idrianischen Quecksilber und Vitriol. Lindauer, Múnic 1786.
  • Abhandlung von den Bienen und ihrer Pflege. Viena 1787.
  • Rudimenta metallurgiae 1789.

Honores

Eponimia

Xéneros

Abreviaturas

A abreviatura Scop. emprégase para indicar a Giovanni Antonio Scopoli como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.​

A abreviatura Scopoli emprégase para indicar a Giovanni Antonio Scopoli como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

  1. 1,0 1,1 Branko Soban. "A Living Bond between Idrija and Uppsala". The Slovenian. Consultado o 3 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Newton, Alfred 1881. Scopoli's ornithological papers. The Willoughby Society. Versión escaneada
  3. Mazzarello, Paolo (2004). Costantinopoli 1786: la congiura e la beffa. L'intrigo Spallanzani. Torino: Bollati Boringhieri. ISBN 88-339-1573-5. 
  4. Soban, Branko (xaneiro de 2005). "A Living Bond between Idrija and Uppsala". Slovenija.svet. Slovene Emigrant Association. Consultado o 2007-12-01. 
  5. Scopoli, Giovanni Antonio (2004). Soban, Darinka, ed. Joannes A. Scopoli-Carl Linnaeus. Dopisovanje/Correspondence 1760–1775. Ljubljana: Slovenian Natural history society. ISBN 961-90751-2-9. 
  6. Tabl. Encycl. t. 860 1798 sphalm. (IK)
  7. Fam. Pl. (Adanson) 2: 419 1763 (IK)
  8. Char. Gen. Pl. ed. 2. 139 1776 (IK)
  9. Pl. Icon. Ined. 2: 34 1790 (GCI)
  10. Obs. i. 32. t. 20 (1764) (Scopola).; Link, Enum. Hort. Berol. i 178 1821 (IK)
  11. Suppl. Pl. 60 1782 (IK)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Maironi Daponte, G. (1811): Elogio storico del Signor Gio. Ant. Scopoli. Bergamo: Sonzogni.
  • Petkovšek, V. (1977): "J. A. Scopoli, njegovo življenje in delo v slovenskem prostoru. / J. A. Scopoli, sein Leben und Werk im slowenischen Raum". Razprav. 20 (2). Ljubljana.
  • Fabi, A. (1990): Giovanni Scopoli e Maurizio Bufalini. Boloña
  • Daxecker, Franz (2006): Johann Anton Scopoli: Arzt und Naturforscher, Klin Mbl Augenheilk 223, pp. 176–177.

Ligazóns externas

Read other articles:

Blas Roca Calderio Presiden Majelis Nasional Kekuatan RakyatMasa jabatan2 Desember 1976 – 1981Wakil PresidenRaúl Roa García PendahuluTidak adaPenggantiFlavio Bravo PardoSekretaris Jenderal Komite Pusat Partai Sosialis PopulerMasa jabatanDesember 1933 – 24 Juni 1961 PendahuluJorge VivoPenggantiFidel Castro Informasi pribadiLahir24 Juli 1908Manzanillo, KubaMeninggal25 April 1987 (usia 78)Partai politikPartai Sosialis Populer, Partai Komunis KubaProfesiPengacaraSunting ko...

 

Bushtyno БуштиноBustyaházaPermukiman tipe perkotaanPusat Bushtyno BenderaLambang kebesaranBushtynoTampilkan peta Oblast ZakarpattiaBushtynoTampilkan peta UkrainaKoordinat: 48°03′13″N 23°28′36″E / 48.05361°N 23.47667°E / 48.05361; 23.47667Koordinat: 48°03′13″N 23°28′36″E / 48.05361°N 23.47667°E / 48.05361; 23.47667Negara UkrainaOblast Oblast ZakarpattiaRaion Raion TiachivPertama kali disebutkan1373Status ...

 

Часть серии статей о Холокосте Идеология и политика Расовая гигиена · Расовый антисемитизм · Нацистская расовая политика · Нюрнбергские расовые законы Шоа Лагеря смерти Белжец · Дахау · Майданек · Малый Тростенец · Маутхаузен ·&...

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) كرة القدم في دورة الألعاب الآسيوية 2010 كرة القدم في دورة الألعاب الآسيوية 2006  [لغات أخرى]‏  كرة ا...

 

House and estate in Longford, Tasmania, Australia Brickendon EstateBrickendon's main manor houseGeneral informationArchitectural styleGeorgianTown or cityLongford, TasmaniaCountryAustraliaCoordinates41°36′58″S 147°07′52″E / 41.616036°S 147.131042°E / -41.616036; 147.131042Construction started1829Completed1830OwnerArcher familyWebsiteBrickendon UNESCO World Heritage SiteTypeCulturalCriteriaiv, viDesignated2010 (34th session)Part ofAustralian Convict SitesRef...

 

William Byrd William Byrd (Lincoln, 1543 - Stondon Massey, Essex, 1623) adalah seorang komponis zaman Renaisans berkebangsaan Inggris.[1] Ia telah banyak membuat karya-karya musik terutama musik polifoni untuk paduan suara dengan gubahan terkenalnya klavesimbel.[1] Rujukan ^ a b (Indonesia) Shadily, Hasan (1980). Ensiklopedia Indonesia (edisi ke-1). Ichtiar Baru - Van Hoeve.  Pengawasan otoritas Umum Integrated Authority File (Jerman) ISNI 1 VIAF 1 WorldCat Perpustakaan n...

Negara yang terlibat dalam customs union Serikat pabean (Inggris: Customs union) adalah persetujuan antara dua negara atau lebih untuk menghilangkan hambatan perdagangan yang berupa pengurangan atau peniadaan bea masuk.[1] Serikat pabean berbeda dengan perdagangan bebas.[1] Hal ini karena negara di luar anggota serikat pabean akan dikenakan tarif umum.[1] Persetujuan ini adalah bentuk parsial dari integrasi ekonomi yang menawarkan langkah menengah antara zona perdagang...

 

Pendudukan Italia di PrancisAmministrazione militare italiana in Francia (Italia)Pendudukan militer Italia1940–1943 Bendera Coat of arms Ibu kotaMentonSejarah • JenisPendudukan militer Era sejarahPerang Dunia II• Invasi Italia 10 Juni 1940• Gencatan senjata Prancis-Italia 24 Juni 1940• Operasi Anton 11 November 1942• Gencatan senjata Cassibile 3 September 1943 Didahului oleh Digantikan oleh 1940:Republik Prancis Ketiga 1942:Prancis Vichy Pendudukan m...

 

All of the StarsLagu oleh Ed Sheerandari album The Fault in Our Stars (Music from the Motion Picture)Direkam2014Durasi3:54LabelAtlanticPenciptaEd SheeranJohnny McDaidProduserJohnny McDaidVideo musikAll of the Stars di YouTube All of the Stars adalah lagu dari penyanyi-penulis lagu asal Inggris Ed Sheeran. Lagu ini ditampilkan saat kredit akhir dalam film The Fault in Our Stars tahun 2014 dan merupakan lagu pertama dari album soundtrack, The Fault in Our Stars (Music from the Motion Picture).&...

Pour l’article ayant un titre homophone, voir Lycra. Pour les articles homonymes, voir Ligue. Ligue internationale contre le racisme et l'antisémitisme Antiraciste depuis 1927HistoireFondation 1929Origine Ligue internationale contre l'antisémitisme (LICA)CadreSigle LICRAForme juridique Association déclaréeObjet social Promouvoir l'égalité et la fraternité entre les êtres humains et combattre par tous les moyens en son pouvoir le racisme et l'antisémitismeDomaine d'activité Autres...

 

Windham County, ConnecticutCounty di ConnecticutCounty WindhamBalai Kota Madya Windham dan bekas pengadilan countyLokasi di negara bagian ConnecticutLokasi negara bagian Connecticut di Amerika SerikatDidirikan12 Mei 1726Seattidak ada (1960-sekarang) Willimantic (1893-1960) Windham (1726-1893)kota madya terbesarWindhamWilayah • Keseluruhan521 sq mi (1.349 km2) • Daratan513 sq mi (1.329 km2) • Perairan8,5 sq mi (22...

 

Anthropology model Franz Boas (1858–1942) founder of the Boasian tradition in American anthropology Boasian anthropology was a school within American anthropology founded by Franz Boas in the late 19th century. Overview Boasian anthropology was based on the four-field model of anthropology uniting the fields of cultural anthropology, linguistic anthropology, physical anthropology, and archaeology under the umbrella of anthropology. It was based on an understanding of human cultures as malle...

Військово-музичне управління Збройних сил України Тип військове формуванняЗасновано 1992Країна  Україна Емблема управління Військово-музичне управління Збройних сил України — структурний підрозділ Генерального штабу Збройних сил України призначений для планува...

 

KHV Babenberg Wien Wappen Zirkel Basisdaten Hochschule/n: Universität Wien Gründung: 11. April 1910 Gründungsort: Stockerau Korporationsverband: Österreichischer Cartellverband Nummer im Verband: 19 Kürzel: BbW! Stellung zur Mensur: nichtschlagend Wahlspruch: Stark durch Treue, stark im Glauben Website: babenberg.org Die Katholische Hochschulverbindung Babenberg Wien (K.H.V. Babenberg Wien) im ÖCV ist eine farbentragende, nichtschlagende Wiener Studentenverbindung, die dem größten Ak...

 

Каллиграфическая строчная P ℘ Изображение ◄ ℔ ℕ № ℗ ℘ ℙ ℚ ℛ ℜ ► Характеристики Название script capital p Юникод U+2118 HTML-код ℘ или ℘ UTF-16 0x2118 URL-код %E2%84%98 Мнемоника ℘ ℘ — символ, используемый в математике для обозначения эллиптических функций Вейер�...

Foundational theoretical text of Karl Marx For other uses, see Das Kapital (disambiguation). Capital (book) redirects here. For other books, see Capital (disambiguation) § Books. Das Kapital First edition title page of Volume I (1867). Volume II and Volume III were published in 1885 and 1894, respectively.AuthorKarl MarxOriginal titleDas Kapital. Kritik der politischen OekonomieTranslatorSamuel Moore and Edward AvelingCountryGermany (North German Confederation)LanguageGermanPublish...

 

Earth's outer shell of rock Plates in the crust of Earth Earth's crust is its thick outer shell of rock, referring to less than one percent of the planet's radius and volume. It is the top component of the lithosphere, a division of Earth's layers that includes the crust and the upper part of the mantle.[1] The lithosphere is broken into tectonic plates whose motion allows heat to escape the interior of Earth into space. The crust lies on top of the mantle, a configuration that is sta...

 

  جمهورية بوروندي République du Burundi  (فرنسية) Republika y'u Burundi  (كيروندية) بورونديعلم بوروندي بورونديشعار بوروندي موقع بوروندي في أفريقيا الشرقية الشعار الوطنيالاتحاد - العمل - التقدم النشيد: نشيد بوروندي الوطني الأرض والسكان إحداثيات 3°40′00″S 29°49′00″E / 3.666667°S 29...

Subdiscipline of skateboarding Makana Cummins in California. Longboarding is a variation of skateboarding typified by the use of longer boards (decks) with longer wheelbases and softer wheels. While longboards vary widely in shape and size, compared to street skateboards longboards are designed to be more stable at speed and to have more traction due to larger wheel sizes and softer wheel durometers. While standard street skateboards may typically be between 28 and 34 inches long, longboards ...

 

Slovenský SuperpohárSport Calcio TipoClub Paese Slovacchia OrganizzatoreFederazione calcistica della Slovacchia CadenzaAnnuale Aperturaluglio Partecipanti2 FormulaScontro diretto Sito Internetfutbalsfz.sk StoriaFondazione1993 Detentore Slovan Bratislava Record vittorie Slovan Bratislava (8) Modifica dati su Wikidata · Manuale La Supercoppa di Slovacchia (ufficialmente, in slovacco, Slovenský Superpohár) è stata una competizione annuale in cui si affrontano in un'unic...