Foro do Traballo
O Foro do Traballo (1938) foi unha das oito Leis Fundamentais do franquismo, sendo elaborada antes do fin da guerra civil a imitación da Carta dei Lavoro promulgada en Italia por Edmondo Rossoni e o Gran Consello Fascista italiano en abril de 1927. Aínda que é certo que no momento da súa promulgación os nacionais levaban unha clara vantaxe na contenda; de feito foi en 1938 cando Franco creou o Goberno da Nación. Este texto é de ideoloxía falanxista, familia franquista que tivo certa influencia na cuestión laboral e os medios durante a guerra e a ditadura, e entre os seus principais puntos cóntanse a regulación da xornada laboral e do descanso, e a creación da Maxistratura do Traballo e os sindicatos verticais, que son aqueles que agrupaban por igual a patróns e obreiros (o que na práctica imposibilitaba os acordos), ambos subordinados ás decisións do Estado. Foi parcialmente modificado en 1958 coa Lei de Convenios Colectivos, e seguiu regulando as relacións laborais en España ata a creación do Estatuto dos Traballadores, xa na democracia. Dereitos e deberes que estableceOs dereitos e deberes que o Foro establece son os seguintes: Dereito e deber do traballoConsidera o traballo como a participación do home na produción mediante o exercicio voluntariamente prestado das súas facultades, tanto intelectuais como manuais, segundo a persoal vocación, en orde ao decoro e ao mellor desenvolvemento da economía nacional.[1] Sendo o traballo un deber de todos os españois non impedidos, resulta tamén un dereito, título suficiente para esixir a asistencia e tutela do Estado:[2]
Dereito ao descansoO Estado garante o descanso dominical, vacacións anuais retribuídas, asegurando a creación das institucións necesarias para asegurar o descanso dos traballadores e o seu acceso ao goce dos bens da cultura, a saúde, o deporte etc.[3] Dereito a unha retribución xusta do traballoCréase en España o concepto de salario mínimo: o suficiente para proporcionar ao traballador e a súa familia unha vida moral e digna, establecendo ademais o subsidio familiar. O Estado fixa as bases mínimas para a ordenación do traballo, con subxección ás cales estableceranse as relacións entre traballador e empresa.
Dereito ao subsidio familiarA remuneración do traballador estará en razón directa da súa familia, e a estes efectos establécese un subsidio familiar. Dereito á seguridade e continuidade no traballoProtección no aspecto físico, é dicir, previsión e seguridade ante posibles accidentes, considerando as condicións de salubridade e hixiene no traballo. Protección contra despedimentos arbitrarios e tamén contra o paro forzoso ou desemprego.[4] Dereito á seguridade no infortunio e aos seguros sociaisMediante a previsión social proporcionará ao traballador a seguridade do seu amparo ante o infortunio. Concretamente mediante seguros sociais de vellez, invalidez, maternidade, accidentes de traballo, enfermidades profesionais, tuberculoses e paro forzoso, tendéndose á implantación dun seguro total. Aos traballadores anciáns dotarase dun retiro suficiente.[5] Dereito ao acceso á propiedadeO Estado recoñece e ampara a propiedade privada como medio natural para o cumprimento das funcións familiares, individuais e sociais, e asume a tarefa de multiplicar e facer accesible a todos os españois as formas de propiedade ligadas de xeito vital á persoa humana: o fogar familiar, a herdade da terra e os instrumentos ou bens de traballo para uso cotián.[6] Deber da lealdade e solidariedade no traballo e na produciónO traballo ten, ademais do seu carácter individual ou familiar, unha función social. Intimamente relacionado coa prosperidade constitúe un deber de solidariedade baseado nas obrigacións recíprocas que do traballo nacen.[7] Significación política do ForoEste Foro nace da concepción do novo Estado español como un Estado social, definindo os dereitos sociais do español á vez que os principios reitores do Estado en materia laboral. Desde o punto de vista do dereito constitucional constitúe a parte dogmática, na que se formula unha declaración de principios reitores, o recoñecemento de dereitos e deberes e, en xeral, todo o que ten un carácter enunciativo e director:
O Foro do Traballo consagra os seguintes principios reitores:
Notas
Véxase taménOutros artigosBibliografía
Ligazóns externas
|