Escultura da Grecia antiga

A Venus de Milo, unha das máis célebres estatuas de todos os tempos, obra de Alexandros de Antioquía, Museo do Louvre

A Escultura da Grecia antiga é unha expresión de significado amplo, empregada para designar a produción escultórica grega desenvolvida entre o Período Arcaico, iniciado no século VII a.C., cando a arte grega comezou a formar un estilo de seu orixinal, e a época do seu derradeiro florecemento importante na chamada era Helenística, que durou até preto de 100 a.C., cando o país xa estaba baixo dominio romano.

A escultura foi, xunto á arquitectura, a máis importante expresión artística da cultura grega. Exerceu decisiva influencia sobre a arte romana, inseminou unha gran variedade de culturas do norte da África e do Oriente Medio, penetrou até a India durante a época de Alexandre o Grande, definiu moitos dos principais parámetros da arte da Renacentista e do Neoclasicismo, e é unha referencia das máis relevantes mesmo hoxe en día para a cultura occidental.

Os gregos tiveron, dende moi cedo, a forma humana como o tema máis importante da súa expresión artística;[1] o que se define, usualmente, como antropocentrismo. As súas divindades, tamén se representaron con forma humana polo que se difuminaron as diferenzas entre o sagrado e o secular no eido artístico: unha representación espida de Apolo ou Heracles en pouco se diferenciaba da representación dun atleta olímpico vencedor nos xogos.

Será a estatua, illada e única no período arcaico mais representada grupalmente no período helenístico, o tipo de representación principal, aínda que os relevos, a miúdo tan altos que case tamén semellaban exentos, tamén serán importantes.

Antecedentes

A escultura grega evolucionou a partir de estatuíñas elaboradas en madeira chamadas xoanon que foron descritas imprecisamente por autores históricos como Estrabón pero non se conserva ningunha. A peza máis antiga que sobreviviu probablemente sexa o Centauro Lefkandi (c. 900 a.C.), de terracota, construído en partes separadas, representando a Quirón ferido por Hércules, tamén constitúe a primeira representación coñecida dun mito grego.

Dos períodos Xeométrico, Dedálico e Protoarcaico (c. 900 - 700 a.C.) aínda existen estatuíñas elaboradas en bronce, terracota e marfil, sendo case todas ofrendas para o culto e consistindo principalmente de guerreiros, imaxes ecuestres, animais como os leóns, grifóns e cabalos, e grupos doutras figuras humanas. Tamén a técnica do baixorrelevo en mármore foi empregada na decoración de templos e monumentos. Toda esta produción presenta formas esquematizadas, pouco detallamente e posturas bastante ríxidas, e estivo influenciada polo escultura exipcia.

Os períodos estilísticos

Período Arcaico

O período Arcaico tivo unha grande influencia da arte oriental, e particularmente da exipcia. No Período Arcaico a escultura adquiriu dimensións maiores, tornándose común o tamaño natural para as figuras. A postura aínda mantiña unha considerable rixidez e as faccións permanecían estereotipadas, malia gañaren gradualmente en liberdade de movemento, xeralizándose, a partir do ano 575 a.C. o chamado sorriso arcaico, de expresión ambigua.

Nesta época, as formas escultóricas máis comúns son o mozo completamente nu, chamado kouros (pl: Kouroi), a moza vestida, chamada koré (pl: Korai), e a muller sentada. O seu modelado aínda se limitaba ás faccións esencias, aínda que, sinais dunha observación máis atenta da anatomía mostrábanse no progresivo detallamento da musculatura e da estrutura subxacente do esqueleto, comezándose a suxerir un movemento real nas estatuas masculinas en pé mediante a colocación dunha perna nunha posición máis avanzada cá outra. No caso das rapazas, as korai, obsérvase unha variedade maior de actitudes e nos patróns do drapeado dos costumes.

Neste período definiuse o corpo humano como obxecto e tema principal da arte grega. Xa que a súa relixión tiña deuses antropomórficos, a distinción na arte entre sagrado e profano logo deixou de existir, sendo o corpo humano considerado tanto secular como sacro.[1]

Malia ser os tres tipos de escultura moi comúns, o kouros asumiu unha importancia superlativa para o desenvolvemento desta arte, xa que a cultura grega só viría a permitir a exposición do corpo feminino espido a partir do século IV a.C. e realizouse en moi poucas ocasións. Os kouroi seguían todos un mesmo modelo: sempre mozos, en actitude de dar un paso á fronte, corpo rixidamente erecto, brazos estendidos cos puños xunto ao corpo, e un sorriso nos beizos. Atopáronse diversas variacións na conformación do peiteado e nas dimensións das estatuas, existindo poucas pezas con outras posicións. Destas son importantes o kouros ecuestre e mailo Moscóforo (cargando un becerro).

Os kouroi non eran producidos soamente con fins estéticos. Eran ofrendas relixiosas colocadas en santuarios, tumbas dalgunha personalidade ou eran monumentos públicos. Non representaban persoas individualizadas, senón a corporificación dalgún ideal de beleza, honra, virtude, piedade ou sacrificio. Neste período comezan a ser rexistrados algúns nomes de escultores importantes, como Aristocles de Sidónia, Kanacos de Sikyona e Héguias de Atenas.

Período severo

Artigo principal: Estilo severo.

Como transición entre o Período Arcaico e o Período Clásico está a fase coñecida como Período Severo, onde se observa un entrecruzamento de tendencias antigas e progresistas, asociadas á introdución da democracia en Atenas, que levou ao fin a cultura aristocrática epitomizada polo kouros, cunha contrapartida visible na mudanza importante no estilo e na función da estatuaria. En liñas xerais esta fase se caracteriza por un progresivo incremento no dinamismo das figuras, os brazos gañan en liberdade, o torso flexibilízase nalgunha medida e hai un maior detallamento e suavización da anatomía.

Indicativo deste progreso é o Efebo de Kritios (c. 480 a.C.), o primeiro en mostrar unha suxestión do contraposto, un movemento nos cadrís que xorde ao apoiarse a figura nunha das pernas mentres a outra se atopa en repouso. O mesmo desenvolvemento formal nótase nos relevos, cunha crecente complexidade das ceas e das formas anatómicas. Exemplo superior desta época é o conxunto escultórico do templo de Zeus en Olimpia, realizado por un artista descoñecido chamado Mestre de Olimpia e os seus auxiliares. Neste grupo decorativo atópanse por primeira vez na arte grega características que serían retomadas soamente na fase Helenística, máis tardía, como o extraordinario dinamismo nas cenas e expresións emocionais intensas.

Período Clásico

Unha rápida evolución na técnica e no estilo leva ao clasicismo grego. As actitudes tórnanse máis naturalistas, aínda que investidas de grande dignidade e equilibrio. A representación anatómica chega a un estado de grande verosimilitude. As poses son moi variadas, aparecen os primeiros retratos de persoas e as esculturas abandonan definitivamente a frontalidade para recibiren acabamento por igual en todas as súas partes, de xeito que poden ser apreciadas por todos os seus ángulos.

Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o Partenón, que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do frontón e os frisos. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de loito ou en despedida de parentes falecidos.

Tamén comezan a ser rexistradas as actividades de artistas que formarían importantes escolas e establecerían novos patróns. Os primeiros notables, vencendo definitivamente a rixidez do período Arcaico, foron Mirón, autor de obras primas como o Discóbolo, onde as tensións do movemento son exploradas con mestría e realismo, e Kálamis, autor do célebre Apolo do Onfalo, que sobreviviu grazas ás súas copias romanas.

A mediados do século V a.C., xorde Fidias quen levou a estatuaria grega ao seu primeiro momento de real esplendor, inaugurando o apoxeo da época Clásica. O escultor traballou na construción do Partenón e foi autor de estatuas colosais como o Zeus de Olimpia e a Atena Parthenos, imaxes dotadas de grande maxestade, das cales hoxe subsisten infelizmente apenas copias menores ou descricións. Máis dinámicas son as esculturas do frontón do Partenón, creadas baixo a súa supervisión directa. Outras obras atribuídas a el ou á súa escola son o Apolo de Kassel e a Atenea Lemnia. Entre os seus seguidores atópanse Alcamenes e Kresilas.

Contemporáneo de Fidias foi Policleto, de fama igualmente recoñecida, creador dun canon de proporcións ideais do corpo humano que atopou a expresión magnífica en obras como o Doríforo, o Discóforo e o Diadumeno. Eufranor adaptou este canon e representa a evolución da escultura grega en dirección a unha escola máis realista, sensual e delicada, de cariz máis humano e menos augusto e idealizante, que tería grandes como grandes mestres a Lisipo, Escopas e Praxíteles.

Lísipo foi o escultor predilecto de Alexandre Magno, e o seu discípulo Cares de Lindos foi o autor do célebre Coloso de Rodas, unha das Sete Marabillas do mundo antigo. Escopas participou da decoración escultórica do Mausoleo de Halicarnaso, outra das Sete Marabillas, e Praxíteles, o máis famoso deles, foi o primeiro a introducir o nu feminino en escala natural. Das súas obras son máis coñecidas a Afrodita de Cnido, o Hermes co neno Dioniso, e o Apolo Sauróctono.

Outro grande representante desta fase é Leocares, autor da Diana de Versalles e do paradigmático Apolo Belvedere, considerado polos neoclasicistas do século XIX a máis perfecta expresión do ideal de equilibrio e maxestade típicos do alto clasicismo grego, influíndo xeracións de artistas.

Período Helenístico

Artigo principal: Escultura helenística.

A transición cara ao Período Helenístico ocorreu ao longo do século IV a.C., seguindo as conquistas de Alexandre Magno, quen levou a arte grega ata a India. Esta incursión por Asia fixo que numerosos artistas entrasen en contacto coas culturas locais recibindo influencias delas, gañando deste xeito en diversidade de temas e formas de tratamento. Ao mesmo tempo establecéronse novos centros de produción, destacando Alexandría e Antioquía, ademais de Pérgamo.

Pérgamo destácase entre os novos centros deste período, producindo unha serie de obras con movemento, punxentes e con detalles como bigotes e cabelos rizados, especialmente no Mausoleo de Atalo que representa a súa vitoria sobre os gálatas con estes feridos -Gálata moribundo- ou en acto de suicidarse -Gálata Ludovisi- ante a inminente captura. Estas características atoparían un punto alto no grandioso Altar de Pérgamo, decorado cunha Xigantomaquia de 100 m de extensión.

Por volta do século II a.C. outro forte elemento modificador viu de Roma, que iniciaba a súa expansión, absorbendo moito da tradición grega e á súa vez influenciándoo, por constituíres un novo e grande mercado consumidor de estatuaria, con preferencias de seu. Os romanos apreciaban o naturalismo, con rapaces, animais e persoas comúns pasando a ser tema recorrente, e moitas veces esculpidos baixo encomenda para a decoración de residencias e xardíns de familias ricas.

De xeito xeral o período Helenístico continúa a grande tradición do auxe do clasicismo, creando obras perfectamente modeladas en todos os ángulos, con estudados efectos de transparencia no vestiario, aproveitando os xogos de luz con finalidades estéticas e expresivas, e enfatizando a variedade de posturas e sentimentos. Búscase a esencia de toda expresividade e a súa "atmosfera", destacando os retratos, onde mais que a exactitude da fisionomía represéntase o carácter ou vida interior do personaxe.

Os escultores xa non se sentían obrigados a retratar o ideal. Introdúcense temas como o sufrimento, o sono, a morte e a vellez, que ofrecían formas e expresións aínda pouco exploradas. Extraordinaria nesta produción é a Vella bébeda, obra que mostra sen reservas unha muller envellecida, chea de engurras e coa cara torcida, agarrada a un vaso de viño. Outra obra a destacar é o Laocoonte envolto en serpes xunto cos seus fillos, nun intre de desesperación e coa musculatura en extrema tensión.

Outro factor importante foi o gran crecemento nesa fase da demanda escultórica, en virtude das numerosas cidades helenísticas que foron fundadas no Exipto, Siria e Anatolia, e que precisaban de imaxes de deuses para o culto nos templos, ou de heroes para os seus monumentos. Esa expansión no mercado deu lugar a unha certa patronización estética.

Notas

  1. 1,0 1,1 Cook (1976), p. 19

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Read other articles:

Gloria di sekitar bayangan pesawat. Posisi pusat gloria menunjukkan bahwa pengamat berada di dekat sayapnya. Gloria (dari bahasa Latin gloria) adalah fenomena optis yang disebabkan oleh sinar matahari atau cahaya bulan berinteraksi dengan tetesan air kecil dari kabut atau awan. Gloria dapat terdiri dari satu atau lebih konsentris yang membentuk cincin redup berwarna, biasanya kemerahan di luar dan kebiruan di tengah. Berbeda dengan pelangi atau halo yang memiliki diameter yang jauh lebih besa...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Common Missile was designed to deliver up to six MK21 reentry vehicles (pictured) as its payload Common Missile adalah proyek rudal balistik antarbenua, yang dikembangkan untuk memenuhi persyaratan sistem operasional Angkatan Laut AS dan Angkatan Udara...

 

Imam Teguh Santoso Aspotmar Pangkoarmada ke-2Masa jabatan26 Juni 2023 – 18 Desember 2023 PendahuluBram Rusman NaminPenggantiAlbertus Agung Priyo Suseno Informasi pribadiLahir26 September 1967 (umur 56)Alma materAkademi Angkatan Laut (1990)Karier militerPihak IndonesiaDinas/cabang TNI Angkatan LautMasa dinas1990—sekarangPangkat Laksamana Pertama TNINRP9830/PSatuanKorps PelautSunting kotak info • L • B Laksamana Pertama TNI Dr. Imam Teguh Santoso, S...

Town in New Hampshire, United StatesMilan, New HampshireTownFirst United Methodist Church in MilanLocation in Coos County, New HampshireCoordinates: 44°34′24″N 71°11′06″W / 44.57333°N 71.18500°W / 44.57333; -71.18500CountryUnited StatesStateNew HampshireCountyCoosIncorporated1824VillagesMilanWest MilanGovernment • Board of SelectmenRandy Fortin, ChairKenneth Lee DubePeter NoletArea[1] • Total64.45 sq mi (166.92...

 

العلاقات البالاوية المنغولية بالاو منغوليا   بالاو   منغوليا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات البالاوية المنغولية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين بالاو ومنغوليا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: وجه المقارنة...

 

System of mosques in Greater Houston Islamic Society of Greater HoustonIslamic Society of Greater Houston logoAbbreviationISGHFormation1969[1]Typenon-profit 501(c)(3) religious organizationPurposeTo serve the Muslims of Houston and, along with other faith based communities, be a beacon of light to illuminate and serve the city.Location21Region served Houston, TexasPresidentAyman Kabire[2]Websiteisgh.org ISGH headquarters (Eastside Main Center) The Islamic Society of Greater Ho...

Angus DeatonAngus DeatonLahirAngus Stewart Deaton19 Oktober 1945 (umur 78)Edinburgh, Scotland, UKKebangsaanInggris, Amerika SerikatPendidikanFettes CollegeAlmamaterFitzwilliam College, CambridgePenghargaanNobel Memorial Prize in Economic Sciences (2015)Karier ilmiahBidangMikroekonomiInstitusiPrinceton UniversityDisertasiModels of consumer demand and their application to the United Kingdom (1975) Angus Stewart Deaton (lahir 19 Oktober 1945) adalah seorang pakar mikroekonomi dan prof...

 

Peta menunjukkan lokasi General Luna General Luna adalah munisipalitas yang terletak di provinsi Surigao del Norte, Filipina. Pada tahun 2010, munisipalitas ini memiliki populasi sebesar 13.695 jiwa dan 3.094 rumah tangga. Pembagian wilayah Secara administratif General Luna terbagi menjadi 19 barangay, yaitu: Anajawan Cabitoonan Catangnan Consuelo Corazon Daku La Januza Libertad Magsaysay Malinao Santa Cruz Santa Fe Suyangan Tawin-tawin Pranala luar Philippine Standard Geographic Code Diarsip...

 

Fernsehserie Titel Ghost Whisperer – Stimmen aus dem Jenseits Originaltitel Ghost Whisperer Produktionsland Vereinigte Staaten Originalsprache Englisch Genre Fantasy, Mystery Erscheinungsjahre 2005–2010 Länge 42 Minuten Episoden 107 in 5 Staffeln (Liste) Produktions­unternehmen CBS Paramount Television, ABC Studios, CBS Studios Idee John Gray Produktion John GrayJennifer Love HewittIan SanderKim Moses James Van Praagh Musik Mark Snow Erstausstrahlung 23. Sep. 2005 auf CBS...

Об экономическом термине см. Первородный грех (экономика). ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Ран...

 

4th century BCE emperor of the Indian Nanda Empire Mahapadma NandaA silver coin of 1 karshapana of King Mahapadma Nanda or his sons 4th century BCE1st Nanda EmperorReignc. 345 BC – 329 BCPredecessorMahanandinSuccessorPandukaDied329 BCEIssue8 sons (including Dhana)DynastyNandaFatherMahanandin Mahapadma Nanda (IAST: Mahāpadmānanda; c. mid 4th century BCE), (died 329 BCE) according to the Puranas, was the first Emperor of the Nanda Empire of ancient India. The Puranas describe him as a...

 

Lazzaretto di FiladelfiaFacciata del lazzaretto nel 2009LocalizzazioneStato Stati Uniti LocalitàFiladelfia Coordinate39°51′38″N 75°18′02″W / 39.860556°N 75.300556°W39.860556; -75.300556Coordinate: 39°51′38″N 75°18′02″W / 39.860556°N 75.300556°W39.860556; -75.300556 Informazioni generaliCondizioniIn uso Costruzionefine XVIII secolo StileStile Federale Usoisolamento pazienti contagiosi Modifica dati su Wikidata · Manuale Il Laz...

Emilio Fede nel 2016 Emilio Fede (Barcellona Pozzo di Gotto, 24 giugno 1931) è un giornalista, conduttore televisivo e scrittore italiano. Già direttore del TG1, di Videonews e di Studio Aperto è noto soprattutto per essere stato alla guida del TG4 dal 1° giugno 1992 al 28 marzo 2012. Indice 1 Biografia 1.1 Il passaggio alla Fininvest e la direzione del TG4 1.2 L’addio al TG4 1.3 Dopo il TG4 2 Politica 3 Vita privata 4 Controversie 4.1 Accuse di faziosità 4.2 Multe subite dall'Autorit...

 

Historic church in Michigan, United States United States historic placeGrosse Pointe Memorial ChurchU.S. National Register of Historic PlacesMichigan State Historic Site Location16 Lake Shore Dr., Grosse Pointe Farms, MichiganCoordinates42°23′20″N 82°53′58″W / 42.38889°N 82.89944°W / 42.38889; -82.89944ArchitectW.E.N. Hunter, Corrick BrothersArchitectural styleLate Gothic RevivalNRHP reference No.93001351[1]Significant datesAdded to N...

 

Cet article est une ébauche concernant une commune de l’Yonne. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?). Le bandeau {{ébauche}} peut être enlevé et l’article évalué comme étant au stade « Bon début » quand il comporte assez de renseignements encyclopédiques concernant la commune. Si vous avez un doute, l’atelier de lecture du projet Communes de France est à votre disposition pour vous aider. Consultez également la page d’aide ...

† Человек прямоходящий Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:Синапсиды...

 

American artist (1929–2020) Barbara Remington with artwork Barbara Remington (23 June 1929 – 23 January 2020)[1] was an American artist and illustrator. Born in Minnesota, she was probably best known for her cover-art for Ballantine Books' first paperback editions of J. R. R. Tolkien's novels The Hobbit and The Lord of the Rings and for her Tolkien-related poster A Map of Middle-earth.[2] Career In an interview about her association with Tolkien's works, Remington mentions...

 

У этого термина существуют и другие значения, см. Горностай (значения). Горностай Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:Челюстнороты...

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目需要編修,以確保文法、用詞、语气、格式、標點等使用恰当。 (2013年8月6日)請按照校對指引,幫助编辑這個條目。(幫助、討論) 此條目剧情、虛構用語或人物介紹过长过细,需清理无关故事主轴的细节、用語和角色介紹。 (2020年10月6日)劇情、用語和人物介紹都只是用於了解故事主軸,輔助...

 

Pour les articles homonymes, voir Alice. Alice Alice lors d’un concert en 2012 à FlorenceInformations générales Surnom Alice Nom de naissance Carla Bissi Naissance Forlì, Italie Genre musical Pop, rock progressif, musique expérimentale Années actives Depuis 1971 Labels CBS Records, EMI, Warner Bros. Records, NuN Music modifier Alice, nom d'artiste de Carla Bissi (née le 26 septembre 1954 à Forlì, en Émilie-Romagne) est une chanteuse italienne, active depuis 1971. Biographie Cette...