A poboación do concello era de 86.865 habitantes no ano 2018. Incluíndo poboacións próximas, a poboación da área metropolitana é de máis de 200 mil habitantes. O seu nome provén das palabras neerlandesasduin (duna) e kerk (igrexa).
O 14 de decembro de 2002, o Tricolor, un barco noruegués destinado ao transporte de coches, chocou co Kariba (rexistrado nas Bahamas) en fronte ás costas de Dunkerque, e afundiu, o que representou un inmenso perigo para a navegación no canle da Mancha. Xa á noite seguinte o Nicola, un barco alemán, tocou o naufraxio e tivo que ser remolcado para liberarse. O 1 de xaneiro de 2003 o barco de bandeira turcaVicky embarrancou nos restos do Tricolor, pero puido marchar ao subir a marea.
Economía
Dunkerque é o terceiro porto máis grande de Francia logo do Le Havre e de Marsella. Tamén teñen importancia as industrias metalúrxica, alimentaria, petroquímica e naval. Dunkerque representa, ademais, un importante nó de comunicacións, con enlaces con tren de alta velocidade con Lille e París (ademais de trens de proximidade), por autoestrada con Flandres e Calais e por ferri con Ramsgate e Dover, en Gran Bretaña.
Eventos e atraccións turísticas
O Museo portuario acolle exposicións sobre a historia da cidade e do porto.