O flamengo occidental é un dialecto do neerlandés falado no oeste de Bélxica e nas áreas adxacentes dos Países Baixos e Francia.[2] O flamengo occidental é falado por preto dun millón de persoas na provincia belga de Flandres Occidental, e por máis de 120 000 no distrito costeiro neerlandés de Flandres zelandés (e outros 220 000 se se contan os falantes de zelandés), e unhas 10 000 na parte norte do departamento francés de Norte. Algunhas das principais cidades onde se fala o flamengo occidental son Bruxas, Courtrai, Ostend, Roeselare e Ieper. O dialecto do resto da provincia neerlandesa de Zelandia, o zelandés, é incluído a miúdo como parte do flamengo occidental.
Notas
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ RL Trask, "Number of Languages", in Language and Linguistics: The Key Concepts, 2nd ed. 2007
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía