Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo
Draco ou Dragón[1] é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.
Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.
Na mitoloxía grega coñécese a esta constelación grazas á undécima tarefa encargada a Hércules. Nela debía consegui-las manzás da árbore de Gaia no xardín das Hespérides, onde Hera tiña posto a Ladon, o dragón de cen cabezas, coma protector. Hera sentiu moito a perda do seu bravo gardián do xardín das Hespérides, polo que puso ó seu dragón no firmamento ó redor do polo norte. A constelación presenta unha das pernas de Hércules sobre a cabeza do dragón.
Noutra versión tratabase dun serpe que durante a xigantomaquia bateron os xigantes sobre Atenea. Esta lanzou a serpe ó ceo, onde quedou fixada.
Segundo outra versión, tratabase da forma de serpe que tomou Zeus para escapar de seu pai, Crono.