Unicornio (constelación)
Monoceros ou Unicornio[1] é unha constelación difusa no ceo nocturno invernal, rodeada por Orión ó leste, Gemini ó norte, Canis Major ó sur e a constelación Hydra cara ó oeste. Outras constelacións limítrofes son Canis Minor, Lepus e Puppis.
Estrelas Principais
- α Monocerotis (Lucida), de magnitude visual 3,93, unha estrela xigante amarelo-laranxa a 144 anos luz.
- β Monocerotis, impresionante sistema estelar triplo formado por tres estrelas branco-azuladas de magnitudes 4,7, 5,2 e 6,1, visibles coa axuda dun pequeno telescopio. William Herschel descubriunas no 1781 e comentou que son "unha das máis fermosas visións no firmamento".[2]
- γ Monocerotis, de magnitude 3,98, tamén xigante laranxa, pero moito máis afastada que α Monocerotis.
- R Monocerotis, estrela variable inmersa nunha nube de materia, situada no extremo sur da nebulosa NGC 2261.
- S Monocerotis (15 Monocerotis), distante estrela azul que forma parte de NGC 2264.
- T Monocerotis, variable cefeida cunha magnitude que varía entre 5,58 e 6,62 nun ciclo de 27 días.
- V0645 Monocerotis (28 Monocerotis), variable do tipo FK Comae Berenices.
- V700 Monocerotis (MWC 147), estrela Herbig Ae/Be de 500.000 anos de idade.
- V838 Monocerotis, estrela que estourou no ano 2002, situada a uns 20.000 anos luz de distancia.
- Estrela de Plaskett (HR 2422), un dos sistemas binarios máis masivos dos que se ten coñecemento.
- HD 52265, anana amarela análoga ó Sol ó redor da que se descubriu un xigante gasoso.
- HD 46735, estrela subxigante laranxa cun planeta extrasolar do tipo Xúpiter quente.
- Estrela de Luyten, anana vermella a só 12,37 anos luz de distancia.
- Ross 614 (V577 Monocerotis), anana vermella tamén nas proximidades do sistema solar.
- Gliese 250, estrela binaria a 28,4 anos luz, composta por unha anana laranxa e unha anana vermella.
Obxectos Notables do espazo profundo
Historia
Monoceros é unha constelación moderna, o seu nome atribúeselle ó astrónomo e teólogo holandés Petrus Plancius no 1613 e foi rexistrada por Jakob Bartsch coma Unicornio na súa carta estelar de 1624. Porén, Heinrich Wilhelm Olbers e Ludwig Ideler indican que a constelación é moito máis antiga, figurando coma "o segundo cabalo ó sur dos Xemelgos e o Cangrexo" en escritos do 1564, e Joseph Scaliger subliña tela atopado nunha esfera da antiga Persia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|