Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Delphinus.
Delphinus ou Golfiño,[1] é unha pequena constelación do hemisferio norte moi preto do ecuador celestial. Xa fóra inserida na lista de Tolomeo de 48 constelacións e tamén forma parte da lista moderna de 88 constelacións aprobadas pola UAI.
Delphinus ten o aspecto dun golfiño ó saltar e pode ser recoñecida de xeito dóado no firmamento. Atópase rodeada por Vulpecula (a raposa), Sagitta (a frecha), (Aquila) a aguia , a constelación zodiacal de Acuario, o pequeno cabalo Equuleus e finalmente por Pegaso, o cabalo alado. Outro xeito de recoñecela é por ter unha forma semellante a dunha cometa é polo seu pequeno tamaño.
Estrelas principais
- α Delphini (Sualocin), de magnitude 3,8, ten sete compoñentes, aínda que só dúas delas forman un sistema estelar.
- β Delphini (Rotanev), a máis brillante da constelación (magnitude 3,6), é igualmente unha estrela múltiple de cinco compoñentes, aínda que só dúas delas están fisicamente relacionadas.
- γ Delphini, unha das estrelas binarias máis estudadas composta por unha subxigante laranxa e unha anana amarela.
- δ Delphini, estrela variable de magnitude 4,43. Xunto coas tres anteriores forma o asterismo chamado o Féretro de Job.
- ε Delphini (Deneb Dulfim), estrela azul de magnitude 3,95, a terceira máis brillante da constelación.
- ζ Delphini, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,68.
- ρ Aquilae, a pesar da súa denominación pertence á constelación de Delphinus, á que entrou dende Aquila no 1992. A súa magnitude é 4,94.
- R Delphini, variable tipo Mira de brillo variable entre magnitude 8,3 e 13,3 cun período de 285 días.
- U Delphini, xigante vermella e variable semirregular cun período principal duns 1.200 días.
- EU Delphini, tamén xigante vermella e variable semirregular cun período de 59,7 días.
- HD 195019, estrela binaria cun exoplaneta do tipo "Xúpiter quente".
- HD 196885 (HR 7907), estrela subxigante amarela cun planeta extrasolar.
Obxectos notables de espazo profundo
Mitoloxía
Segundo a lenda, Anfítrite, unha das Nereidas, accedeu a casar con Poseidón, do que tiña tentado escapar e agocharse, pero foi atopada por un golfiño. Poseidón quedou tan agradecido ó golfiño que o puxo entre as estrelas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas