Córsega

Modelo:Xeografía políticaCórsega
Corsica (co) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°09′00″N 9°05′00″L / 42.15, 9.0833
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana Editar o valor en Wikidata
CapitalAjaccio Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alta Córsega (–2018)
Córsega do Sur (–2018) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación347.597 (2021) Editar o valor en Wikidata (40,05 hab./km²)
Lingua oficialcorso Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8.680 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Cinto (pt) Traducir (2.706 m) Editar o valor en Wikidata
Creación11 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónDevota Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoConsello Executivo de Córsega Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoGilles Simeoni (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia de Córsega , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-20R, FR-H e FR-COR Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR83 Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir94 Editar o valor en Wikidata

Sitio webisula.corsica Editar o valor en Wikidata
Facebook: IsulaCorsica Twitter: IsulaCorsica Instagram: isulacorsica LinkedIn: IsulaCorsica Youtube: UC8QgLSBjnfUtOzZXH3nntBA Editar o valor en Wikidata

Córsega[1][2][3] (en francés: Corse, forma oficial; en corso: Corsica, /ˈkorsiɡa/, /ˈkorsika/) é unha illa francesa localizada no Mediterráneo. Constitúe unha rexión administrativa homónima, dividida en dous departamentos, a Alta Córsega e Córsega do Sur. Está ao sur da Francia continental, ao oeste da Italia continental e ao norte da illa de Sardeña.

Historia

Da época romana á ocupación xenovesa

Os foceos fundaron cara ao ano 565 a.c. unha colonia no leste da illa, Alalia[4]. A illa, tras estar baixo influencia cartaxinesa, pasará a mans de Roma arredor do ano 237 a.C., permanecendo baixo o seu dominio até a invasión vándala de 430 d.C., aínda que posteriormente será recuperada polo Imperio Bizantino noventa e dous ano despois, no 522. Coa caída do Imperio Bizantino a illa quedará á mercede de múltiples invasións, dende os árabes até os xenoveses e lombardos. Despois da batalla de Meloria a illa finalmente pasará a mans de Xénova, permanecendo baixo o seu dominio até 1768, exceptuando o período entre 1296 e 1434 no que estará en mans da Coroa de Aragón e o de entre 1553 e 1559 nos que pasará a dominio francés.

O Reino da Córsega

Pasquale Paoli
Bandeira da República Corsa

Baixo dominio xenovés os corsos levarán a cabo constantes revoltas e intentos emancipadores, chegando a converterse na primeira nación democrática constitucional no mundo, primeiro coa iniciativa da constitución, datando a primeira de despois da revolución de 1735 e a segunda constitución do 1755. Así pois Córsega constituíuse como unha República independente, aínda que mantiña o nome de "Reino da Córsega" por considerar raíña á Virxe María.

A figura máis importante da identidade corsa nesa época foi Pasquale Paoli, defensor da independencia da illa ante xenoveses e franceses e partícipe da Constitución de 1755, a primeira Constitución do mundo inspirada nos principios da Ilustración. Foi tamén en tempos de Paoli cando se adoptou a U Moru (Testa Moura) como emblema nacional.

A retirada xenovesa e a ocupación francesa

Finalmente, incapaz de enfrontarse as constantes revoltas e levantamentos independentistas, Xénova retirarase da illa en 1768, non sen antes vender os seus dereitos sobre ela a Francia que pasará a ocupala inmediatamente. As tropas francesas derrotaron ao exército de Pasquale Paoli na batalla de Ponte Novu (na Alta Córsega) os días 8 e 9 de maio de 1769, mais Paoli procurará o apoio británico para liberar a illa e en 1794 o rei Xurxo III da Gran Bretaña proclamarase Rei de Córsega, volvendo a ser independente neste breve período do reino Anglo-Corso, de 1794 a 1796, ano no que as tropas francesas recuperaron novamente a illa.

No ano 1769 ten lugar en Ajaccio o nacemento de Napoleón Bonaparte, personalidade que comezará, na súa mocidade, sendo un independentista corso e acabará sendo nomeado emperador do Imperio francés. O control francés sobre a illa será ininterrompido a partir de entón. Tras un primeiro intento en 1805, do que se conseguiu unha moratoria, o goberno francés declara o 4 de agosto de 1848 a oficialidade única da lingua francesa, coa conseguinte nulidade de calquera acto público efectuado en corso, a lingua maioritaria da poboación.

As Guerras Mundiais

Porto de Bastia.

Despois da primeira guerra mundial, Córsega, con 20.000 mortos, foi a rexión do Estado francés con máis baixas bélicas proporcionais á súa poboación.

Na segunda guerra mundial, a illa foi ocupada polos italianos entre 1939 e 1943. O réxime fascista italiano proclamou varias veces as súas reivindicacións territoriais sobre a illa, polo que non pode entenderse a ocupación só como parte dunha acción bélica. No 1943, tras o armisticio italiano, serán as tropas nazis as que pasen a ter o control sobre a illa. A Resistencia, alentada por De Gaulle estará formada por soldados franceses, tropas antifascistas italianas e guerrilleiros corsos. Serán estes dous últimos corpos nunha actuación conxunta os primeiros en liberar a illa da ocupación, deixando a honra ao exército francés, de ser os primeiros en tomar Bastia.

Os pied-noirs e o inicio da crise

Cartel bilingüe francés/corso, no cal está tachada a versión francesa
Monumento a Pasquale Paoli

Nos anos 1957 e 1965, Córsega recibiu sendas chegadas masivas de pied-noirs, ex-colonos franceses escapados da facía pouco liberada Alxeria. Estes antigos colonos recibirán o 90% das terras reservadas aos campesiños corsos nos planos agrarios da posguerra, desestabilizando a economía e o equilibrio de poboación da illa. Esta masa de poboación aínda hoxe son os principais defensores da unión de Córsega co Estado francés así como a oficialidade única da lingua francesa.

O descontento social irá in crescendo dende principios dos anos 1960 até os nosos días. No ano 1968 fúndanse as asociacións Frente Rexionalista Corso (FRC) e Acción Rexionalista Corsa (ARC), máis adicado á cuestión agraria. Os dous grupos nacen cun ideario rexionalista, que irá pasando co paso dos anos ao autonomismo e de aí ao nacionalismo independentista.

Do rexionalismo ao independentismo

Dous feitos marcan de xeito especial esta evolución. O primeiro son as protestas contra a empresa italiana Montedison, responsábel do verquido de residuos en augas territoriais corsas entre os anos 1972 e 1973. A falta de reacción por parte do Estado francés leva a grupos de cidadáns armados a tomar os barcos pola forza e dinamitalos despois.

O outro feito foron os chamados "Acontecementos de Aleria", principalmente a toma de Cave Depeille, unha leira agrícola en mans dunha familia de pied-noirs mesturada en escándalos fiscais e financeiros. A toma fíxose por parte dun grupo de autonomistas armados con escopetas, e liderados polo médico de Bastia e portavoz da ARC Edmundu Simeoni. Simeoni viña de redactar o día anterior un documento no que esixía o recoñecemento do bilingüismo corso-francés, o cumprimento das promesas feitas polo Estado e denunciando fraudes electorais no voto por correo.

Esta acción encadrábase co reforzo nas teses nacionalistas feitas pola ARC ese mesmo ano. Dende o cambio de nome, pasando a chamarse Acción para o Renacemento Corso en xullo do 1975, até unha recuperación das reivindicacións asociadas á lingua corsa, pasando pola petición da reapertura da única Universidade da illa, fundada por Pasquale Paoli e fechada dende a primeira ocupación francesa.

O grupo que toma Cave Depeille desaloxa aos seus propietarios sen causarlles ningún dano e iza a bandeira da Testa Moura sobre a leira. O Estado francés organiza unha reacción armada formada por 1200 homes apoiados por carros de combate e helicópteros. Na toma da leira, o 22 de agosto de 1975 morren dous xendarmes e dous militantes corsos resultan feridos. A leira será incendiada esa mesma noite por individuos anónimos e permanece en ruínas dende entón. Os ocupantes serán engaiolados en París e o ARC ilegalizado o 27 de agosto, só cinco días despois.

A clandestinidade radicalizará o movemento nacionalista corso cara ao independentismo, a noite do mesmo 27 de agosto graves tumultos teñen lugar en Bastia, provocando a morte dun xendarme. Fúndase así o Fronte di Liberazione Naziunale Corsu, FLNC (Fronte de Liberación Nacional Corso), no que conflúen o Fronte Paesanu Corsu di Liberazione (Fronte Campesiño Corso de Liberación), FPCL, fundado en 1973 e Ghjustizia Paolina (Xustiza Paolina), fundada en 1974 e que xa reivindicara varios atentados con explosivos sen vítimas. Na noite do 4 de maio de 1976 acontecerán 22 atentados con explosivos na illa e un ataque contra o Pazo de Xustiza de Marsella, comezando unha longa serie de actividades armadas que aínda non tiveron un fin definitivo.

Dos anos 80 á actualidade

Nos anos 1980 o panorama político corso vai diversificarse. Por unha banda aparece o Unione di u Populu Corsu, UPC (Unión do Pobo Corso), partido encabezado por Edmundu Simeoni e de tendencia socialista e autonomista e por outra en 1980 o FLNC tenta por en marcha un brazo político, que se caracterizará polas súas múltiples escisións. Este feito, unido a outros factores, como a ilegalización absoluta do FLNC en 1983 ou o aumento de prácticas de recadación de imposto revolucionario por parte desa formación que rozaban as técnicas mafiosas, fixeron que o activismo armado reducise a súa intensidade e que a súa representación política ficase atomizada e con pouca representatividade.

En 1990 as forzas independentistas escindidas reagrúpanse en Corsica Nazione (Córsega Nación) converténdose nun dos partidos con máis representatividade dentro da illa. Algúns dos logros acadados polo nacionalismo corso foron a reapertura en 1981 da Universidade fundada por Pasquale Paoli, fechada dende 1769 e a concesión por François Mitterrand dun Estatuto Particular á rexión en 1982. Porén, aspectos como a cooficialidade da lingua corsa seguen, a día de hoxe, nun estado moi precario e difícil de acadarse. Hoxe en día, a rexión de Córsega pertence a Francia e constitúe a Colectividade territorial de Córsega (CTC) dende o 13 de maio do 1991

Xeografía

Vista satélite de Córsega
O Monte Cinto

Córsega é unha illa alongada en sentido norte-sur de 183 km de lonxitude na súa parte máis longa e 83 km na súa parte máis ancha. Está situada a 160 km aproximadamente ao sueste da costa provenzal, 82 km ao oeste da Toscana e a só 12 km ao norte de Sardeña. Máis ben boscosa e montañosa, na costa sur predominan os cantís escarpados. Está situada xunto con Sardeña nun micro-placa continental separada da de Francia e de Italia chamada "bloque corso-sardo". O brazo de mar que a separa da súa illa irmá é coñecido coma o Estreito de Bonifacio, de pouca profundidade, ao contrario que a costa que a separa da Toscana que chega a acadar entre 400 e 500 m de profundidade.

Os gregos bautizaran esta illa do mar Mediterráneo Kallisté, a máis bonita. Hoxe, coñécese a Córsega co nome de illa da Beleza. Grazas aos seus mil quilómetros de costas, dos cales aproximadamente 300 son de area fina, Córsega é un moi popular para os deportistas náuticos e submarinistas. Porén, Córsega é igualmente e unha illa moi montañosa, nas que as montañas abarcan arredor de dous terzos da illa. O seu punto máis alto é o monte Cinto, que acada unha altura de 2.706 msnm. A principios do século XX tamén foi alcumada a illa verde, diferenciándoa doutras illas mediterráneas, polo xeral moito máis áridas.

Xeoloxía

Córsega pódese considerar como unha montaña dentro do Mediterráneo, ofrecendo grandes rexións naturais que corresponden a diversos conxuntos xeolóxicos. Estas rexións son coñecidas como a Córsega Cristalina, a Córsega Alpina, a Depresión central, a Chaira oriental e a Córsega calcaria.

Ríos

A illa é atravesa por numerosos ríos, algúns con afluentes. Estes río orixínanse nos lagos interiores ou nos portos de montaña, fluíndo a través de gorxas con rápidos e cataratas, para de seguido fluír a través de meandros de depósitos aluviais costeiros antes de descargar no mar. Os principais ríos son o Golo, o Tavignano, o Fium Orbo, o Travo, o Rizzanese, o Taravo, o Gravona, o Prunelli, o Liamine, o Porto e o Fango.

Cultura

Lingua

Mapa dos dialectos corsos
Artigo principal: Lingua corsa

O idioma oficial da illa é o francés, aínda que o corso goza dunha certa oficialidade e ten status de lingua rexional, lingua que pode verse na sinalización e é ensinada case obrigatoriamente en tódalas escolas. O corso é unha lingua neolatina pertencente a área italorromance do grupo das linguas romances, conectando co grupo de dialectos toscanos. Aínda que o seu status de lingua como tal é relativamente recente (reivindicación que data dos anos oitenta do século XX), non entrou na definición xeral admitida de lingua romance debido ao seu gran parecido co toscano e outras das súas variantes.

O corso é un conxunto de dialectos toscanos divididos en dous grupos dialécticos principais: o cismontano (supranacciu) e o ultramontano (suttanacciu), que son falados en Córsega, no norte de Sardeña e en gran parte da rexión italiana da Toscana. O devandito idioma só ten oficialidade nesta rexión. O Cismontano e falado na parte nordeste da illa, ten unha forte influencia toscana e constitúe a variante máis difundida e estandarizada, e entre outras cousas a variedade máis semellante ó italiano. O ultramontano fálase na parte suroeste da illa, na que especialmente a súa versión meridional constitúe a variante máis arcaica e conservadora do corso, fortemente emparentada cos dialectos do norte de Sardeña.

A lingua é hoxe aproximadamente falada polo 60% da poboación, sendo o vehículo da súa cultura, como a música, proverbios ou diferentes expresións. É regulada e estruturada pola Universidade Pasquale Paoli de Corte (Università Pasquale Paoli di Corti) e defendida por numerosas asociacións insulares.

Gastronomía

Pulenda (fariña de castaña)

A comida de Córsega pode definirse como unha fusión das cociñas francesa e italiana, debido á súa posición xeográfica próxima aos dous países. Pódense atopar alimentos tan populares como a pizza, pasta, embutidos e queixos de leite de ovella. Porén cada rexión dentro da illa ten ás súas propias receitas. Nas montañas, por exemplo é típica a carne de animais silvestres coma o xabarín e o coello. Outro prato típico é a troita abundante moitos ríos nalgunhas estacións.

Así pois os principais produtos corsos derivan da castaña, os cítricos, a chacinaría de porco e o leite e queixo de ovella. Os produtos que teñen unha denominación protexida son: o viño de Córsega, con nove denominacións de orixe, o mel corso (mele di Corsica), o brocciu, un queixo de leite de cabra e ovella e o aceite de oliva (oliu di Corsica).

Outros produtos tradicionais son os figatellu (salchicha de fígado), o prizuttu (xamón seco), o civet de xabarín, os queixos bastilicacciu, calinzanu, niolincu, venachese e sartinesi. En canto a pastelaría a pulenda (fariña de castaña), os nicci (filloas a base de fariña de castaña) e os canistrelli (galletas de limón, anís e castaña). En canto ás bebidas, destacan cervexa con aroma de castaña e os licores de castaña ou cereixa.

Símbolos

U Moru

U Moru
Escudo da Sardeña

O principal símbolo corso é a Testa Moura ("U Moru", en corso: O Mouro), a cabeza dun home negro. Este símbolo figura no centro da súa bandeira e en diversos símbolos. É aceptado tanto polo nacionalismo independentista que o reivindica como bandeira nacional, como pola oficialidade do Estado francés que o reproduce en diversos símbolos rexionais. Tamén é empregado polos clubs deportivos máis importantes do país nos seus escudos e insignias.

A súa orixe é incerta, a pesar de comezar a empregarse no século XVIII. Unha corrente afirma que fai mención a un antigo dominio árabe sobre a illa, aínda que, tamén é un emblema presente nalgúns escudos de armas da Coroa de Aragón. Porén, a diferenza dalgunhas insignias aragonesas, nas que os homes levan os ollos vendados, o símbolo corso leva a cinta levantada. Isto foi unha modificación introducida polo movemento nacionalista baixo o lema "a Córsega abriu os ollos". O mesmo signo, reproducido catro veces nos ocos da cruz de San Xurxo tamén está presente na bandeira da Sardeña.

Himno

O himno corso é o Diu vi Salvi Regina, un salve á Virxe María, recoñecida simbolicamente coma raíña do país no século XVIII. Porén, non é oficial, xa que o Estado francés non recoñece himnos rexionais. É bastante empregado como feche de actos reivindicativos.

Outro himno asociado ás reivindicacións independentistas é L'armata de l'ombra (O exército na sombra), himno non oficial do Frente de Liberación Nacional Corso. A canción é tradicionalmente interpretada polo grupo de polifonía corsa Canta U Populu Corsu.

Administración

Córsega está dividida en cinco distritos, cincuenta e dous cantóns e 360 concellos, a parte dos dous departamentos principais:

Economía

Córsega é a rexión menos desenvolvida economicamente da área metropolitana de Francia. O turismo é un punto importante da economía corsa, pois co seu clima e as súas paisaxes atrae a moitos outros europeos a illa. Porén, a illa non tivo un desenvolvemento semellante ao doutros lugares mediterráneos e atópase relativamente virxe. O turismo concéntrase especialmente na área arredor de Porto Vecchio e Bonifacio no sur, e Calvi no noroeste.

En 1584 o Gobernador de Xénova ordenou a tódolos agricultores e propietarios de terras plantar catro árbores por ano, principalmente o castiñeiro (ademais de oliveiras, figueiras e a moreiras), polo que moitas comunidades deben a súa orixe e a consecuente riqueza aos bosques de castiñeiro. Córsega produce queixo, viño, embutidos e mel para a venda en Francia continental e para a exportación . O mel corso, da que hai seis variedades, está certificada en canto á súa orixe polo Instituto Nacional de Orixe e Calidade (INAO).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para corso.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  4. Claude Orrieux e Pauline Schmitt PantelA History of Ancient Greece. Wiley-Blackwell, 1999, páxina 44

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

United States Air ForceAeronautica Militare degli Stati UnitiEmblema dell'Air Force Descrizione generaleAttiva1907; 1947 - oggi Nazione Stati Uniti Servizioforza armata Tipoaeronautica militare Dimensione329.100 effettivi (settembre 2019).1056 aeromobili, dei quali 2.016 caccia e 400 ICBM.[1][2] Quartier generaleIl Pentagono MottoAbove all dal 19 febbraio 2008 (inglese: sopra a tutto) ColoriBlu oltremare e Giallo oro MarciaOff We Go Into The Wild Blue Yonder Battaglie/gue...

 

 

Romanian footballer Helmut Duckadam Duckadam in 1986Personal informationFull name Helmut Robert DuckadamDate of birth (1959-04-01) 1 April 1959 (age 65)Place of birth Semlac, RomaniaHeight 1.93 m (6 ft 4 in)Position(s) GoalkeeperYouth career1974–1975 Semlecana Semlac[citation needed]1975–1977 Şcoala Sportivă Gloria[citation needed]1977 UTA Arad[citation needed]Senior career*Years Team Apps (Gls)1977–1978 FC Mureșul Pricaz[citation neede...

 

 

Ini adalah daftar stasiun kereta api di Indonesia menurut PT KAI beserta dengan anak perusahaannya, KAI Commuter, KAI Wisata, KAI Logistik dan KAI Bandara. Singkatan stasiun disusun dari dua hingga empat huruf, yang karakter awal ditulis dengan huruf kapital diikuti dengan karakter berikutnya, yang dapat ditulis kapital atau bentuk biasa. Wikimedia Commons memiliki media mengenai Train stations in Indonesia. Keterangan: Berikut ini adalah klasifikasi stasiun kereta api berdasarkan dari daftar...

Peter Madsen. Peter Langkjær Madsen[1] (bahasa Denmark: [ˈpeːˀdɐ ˈlɑŋkæɐ̯ ˈmæsn̩]; lahir 12 Januari 1971) adalah seorang mantan wiraswasta dan insinyur otodidak Denmark .[2][3] Ia merupakan salah satu pendiri organisasi nirlaba Copenhagen Suborbitals, tetapi keluar pada tahun 2014[4] dan lalu menjadi pendiri dan CEO RML Spacelab ApS. Pada April 2018, Madsen dinyatakan bersalah atas pembunuhan wartawati Swedia, Kim Wall, di dalam kapal selamny...

 

 

Pour les articles homonymes, voir Source ouverte. Ne doit pas être confondu avec Logiciel libre ou Freeware. Logo de l'Open Source Initiative, une organisation de soutien au mouvement open source. La désignation open source /ˈoʊpən sɔɹs/[1], ou code source ouvert[2], s'applique aux logiciels (et s'étend maintenant aux œuvres de l'esprit) dont la licence respecte des critères précisément établis par l'Open Source Initiative, c'est-à-dire les possibilités de libre redistribution...

 

 

Voce principale: Supercopa de España. Supercopa de España 2004Supercoppa di Spagna 2004 Competizione Supercopa de España Sport Calcio Edizione 19ª Organizzatore RFEF Date 21 e 24 agosto 2004 Luogo  Spagna Partecipanti 2 Risultati Vincitore Real Saragozza(1º titolo) Secondo Valencia Statistiche Incontri disputati 2 Gol segnati 5 (2,5 per incontro) Pubblico 60 000 (30 000 per incontro) Cronologia della competizione 2003 2005 Manuale La Supercopa de España 2004 è stat...

2010 film Mysteries of LisbonAmerican posterDirected byRaúl RuizWritten byCarlos SabogaBased onOs Mistérios de Lisboaby Camilo Castelo BrancoProduced byPaulo BrancoStarringMaria João BastosClotilde HesmeCinematographyAndré SzankowskiEdited byCarlos MadalenoValeria SarmientoMusic byJorge ArriagadaLuís de Freitas BrancoDistributed byClap - Produção de Filmes (Portugal) Alfama Films (France)Release dates 12 September 2010 (2010-09-12) (Toronto) 21 October 2010...

 

 

Mathias Rukavina von BoynogradMatija Rukavina Bojnogradski (Croatian)Born1737 (1737)Trnovac, Military Frontier (near Gospić)Died3 May 1817 (1817-05-04) (aged 79)Vienna, Austrian EmpireAllegiance Habsburg monarchyService/branchArmyYears of service1755−1804RankFeldmarschall-LeutnantBattles/wars Seven Years' War Austro–Turkish War (1787–1791) War of the First Coalition AwardsMilitary Order of Maria Theresa, KC 1796Other workInhaber, Infantry Regiment Nr. 52 Mathia...

 

 

Ancillary Mercy PengarangAnn LeckiePerancang sampulJohn HarrisNegaraAmerika SerikatBahasaInggrisGenreFiksi ilmiahPenerbitOrbit BooksTanggal terbit6 Oktober 2015Jenis mediaCetak (sampul kertas)Buku elektronikBuku rekamanISBNISBN 978-0-356-50242-7Didahului olehAncillary Sword  Ancillary Mercy adalah sebuah novel fiksi ilmiah karya penulis Amerika Ann Leckie, yang terbit pada Oktober 2015. Karya tersebut adalah novel terakhir dalam trilogi opera ruang angkasa Imperial Ra...

Naval gun 14 cm/40 11th Year Type naval gun 14 cm/40 11th Year Type naval gun aboard Japanese submarine I-400 being inspected by United States Navy personnel.TypeNaval gunPlace of originEmpire of JapanService historyIn service1922–1945Used byImperial Japanese NavyWarsWorld War IISpecificationsMassSingle Mount: 8,600 kilograms (18,960 lb)Twin Mount: 18,300 kilograms (40,345 lb)[1]Length5.9 meters (19 ft 4 in)Barrel length5.6 meters (1...

 

 

Series of battles fought in Virginia during the American Civil War This article is about the 1862 campaign. For the 1861 campaign including the First Battle of Bull Run, see Manassas campaign. For other campaigns, see Virginia in the American Civil War § Major campaigns. Northern Virginia campaignPart of the American Civil WarJohn Pope and Robert E. Lee, commanding generals of the northern Virginia campaignDateJuly 19 – September 1, 1862LocationNorthern VirginiaResult Confederate vict...

 

 

Political party in England and Wales The subject of this article is participating in the 2024 general election to the House of Commons of the United Kingdom on 4 July, and has had no MPs in the House of Commons since Parliament was dissolved on 30 May. Some parts of this article may be out of date during this period. Please feel free to improve this article (but note that updates without valid and reliable references will be removed) or discuss changes on the talk page. Green Party ...

Canadian film director and screenwriter (born 1964) Émile GaudreaultÉmile Gaudreault on the set of a movie in 2018Born (1967-06-03) June 3, 1967 (age 57)Sainte-Foy, Quebec, CanadaNationalityCanadianOccupationsFilm directorfilm producerscreenwriterYears active1994–present Émile Gaudreault, (French: [emil ɡodʁol] born March 6, 1964) is a Quebec director, author, screenwriter and producer. Since 1994, he has been directing, writing and producing feature films as well as ...

 

 

Lions Gibraltar Football ClubCalcio Lions Segni distintiviUniformi di gara Casa Trasferta Colori sociali Arancione, bianco Simbolitre leoni Dati societariCittàGibilterra Nazione Gibilterra ConfederazioneUEFA Federazione GFA CampionatoNational League Fondazione1966 Rifondazione2011Proprietario Solihull Moors Football Club Presidente Mark Palmer Allenatore Adrian Parral StadioVictoria Stadium(5.000 posti) Sito webhttp://lionsgibraltarfc.com/ Palmarès Stagione in corso Si invita a seguire...

 

 

Northeastern part of London, United Kingdom This article is about part of London, England, United Kingdom. For the city in Eastern Cape, see East London, South Africa. For other uses, see East London (disambiguation). The men of early East London garrisoned the Tower of London East London is the northeastern part of London, England, east of the ancient City of London and north of the River Thames as it begins to widen. East London developed as London's docklands and the primary industrial cen...

Пуск ракеты ESSM из пусковой установки Mk 29 РЛС подсветки цели Mk 95 «Си Спа́рроу» (англ. Sea Sparrow — морской воробей) — американский корабельный зенитный ракетный комплекс малого радиуса действия. Предназначен для самообороны кораблей от воздушных целей, в том числе низколе�...

 

 

R.U.N (Cirque du Soleil)CompanyCirque du SoleilGenreContemporary circusShow typeResident showDate of premiereOctober 24, 2019 (Luxor Las Vegas, Las Vegas, Nevada)Final showMarch 8, 2020Creative teamCreative DirectorStefan MiljevicShow DirectorMichael SchwandtWriterRobert RodriguezComposerTyler BatesSet DesignerBruce RodgersProjection DesignerOlivier Goulet, Johnny RangerLighting DesignerDavid FinnSound DesignerJonathan DeansAcrobatic Equipment and Rigging DesignerJaque PaquinPerformance and A...

 

 

County in Utah, United States County in UtahSanpete CountyCountySanpete County CourthouseLocation within the U.S. state of UtahUtah's location within the U.S.Coordinates: 39°22′N 111°35′W / 39.37°N 111.58°W / 39.37; -111.58Country United StatesState UtahFoundedJanuary 31, 1850Named forChief SanpitchSeatMantiLargest cityEphraimArea • Total1,603 sq mi (4,150 km2) • Land1,590 sq mi (4,100 km2) �...

The Portuguese Caravel, one of the naval creations made by the Portuguese[1][2] The Portuguese inventions are the inventions created by the people born in Portugal (continent or overseas), or whose nationality is Portuguese. These inventions were created mainly during the age of Portuguese discoveries, and during modernity. Relying on trade secret explains, in part, the difficulty often experienced by researchers[3] in documenting Portuguese inventions, as many are not...

 

 

دوري الدرجة الممتازة الأيرلندي 1999–2000 تفاصيل الموسم دوري الدرجة الممتازة الأيرلندي  النسخة 79  البلد جمهورية أيرلندا  المنظم اتحاد أيرلندا لكرة القدم  البطل نادي شيلبورن  مباريات ملعوبة 198   عدد المشاركين 12   دوري الدرجة الممتازة الأيرلندي 1998–99  دوري ا�...