Pasquale Paoli

Modelo:BiografíaPasquale Paoli

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Pascal Paoli
(co) Pasquale de Paoli Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1725 Editar o valor en Wikidata
Morosaglia (República de Xénova) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 1807 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, oficial Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1774–) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneralísimo Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Biblioteca dixital BEIC
Grande Enciclopedia Yuzhakov Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 11869 Editar o valor en Wikidata


Pasquale Paoli (ou Pascal Paoli, en francés), nado en Morosaglia o 6 de abril de 1725 e finado en Londres o 5 de febreiro de 1807, foi un militar e político corso, considerado polo nacionalismo corso como "O Pai da Patria" (en corso, U Babbu di a Patria).

Traxectoria

O seu pai, Giacinto Paoli, orador e poeta, foi un dos Xenerais do Pobo, que se rebelaron contra o dominio xenovés da illa. Desde os 14 anos viviu exiliado coa súa familia en Nápoles. Enrolouse no Rexemento Corso, dentro do Exército Real Napolitano, servindo en Calabria xunto ao seu pai, obtendo a formación militar que lle erguería ao liderado do exilio corso e do independentismo da illa respecto á República de Xénova. Desta época provén unha coñecida cita de Paoli, empregada polo Risorgimento, na que resaltaba o concepto de nación italiana, polo que resulta un dos antecedentes do pensamento do movemento de unificación deste país:

(Os corsos) somos italianos de nacemento e sentimentos, pero antes de nada sentímonos italianos por lingua, costumes e tradicións... E todos os italianos somos irmáns perante a Historia e perante Deus.... Como corsos non queremos ser servos nin "rebeldes" e como italianos temos o dereito a ser tratados igual que os demais italianos.... Ou non seremos nada... Ou vencemos con honra ou morreremos coas armas nas mans... A nosa guerra de liberación é santa e xusta, como santo e xusto é o nome de Deus, e aquí, nas nosas montañas, rexurdirá para Italia o sol da liberdade. — Discurso de Pasquale Paoli tras chegar a Nápoles en 1750

Este inicial italianismo foi derivando cara a un claro nacionalismo corso.

Elixido Xeneral en Xefe da República Corsa independente, título equivalente ao de presidente (1755-1769), loitou contra os restos do dominio xenovés e contra a ulterior invasión francesa[1]. Fixou a capitalidade da nova república na localidade de Corte, onde fundouse en 1765 a súa celebre Universidade[2]. Foi un dos primeiros dirixentes en Europa en establecer un réxime de inspiración democrática cunha constitución. Polo Tratado de Versalles de 1768, a illa pasou aos franceses, que derrotaron ás tropas de Paoli en Ponte Novu o 9 de maio de 1769, tras unha inicial vitoria corsa na batalla de Murato, que se celebrou entre o 3 e o 6 do mesmo mes. Paoli embarcou con trescentos homes en Porto Vecchio o 11 de xuño, marchando ao exilio; ao día seguinte, Lois XV incorporou Córsega a Francia como unha provincia.[3]

Exiliado no Reino Unido, en 1790 volveu á Corcega e foi nomeado gobernador de Bastia pola Convención Revolucionaria francesa. En 1793 sublevouse e pediu o apoio británico[4][5] para proclamar a independencia en 1794 co nome de Reino de Córsega ou Reino Anglo-Corso, un protectorado no que se lle recoñecía a xefatura do Estado como rei a Guillerme III de Inglaterra[6], un pouco ao estilo do Reino de Irlanda, que tomou coma exemplo. Paoli, co grao de Xeneral e a axuda británica, liderada polo Tenente-Xeneral Sir John Moore, expulsou os franceses da illa, malia a súa idade e a recente perda do seu irmán[7]. As tensións co novo vicerrei, sir Gilbert Elliot, remataron por illalo politicamente e animárono a exiliarse novamente a Londres o 14 de outubro de 1795. Non volvería regresar a Córsega, que foi invadida polo exército francés en 1796 e incorporada definitivamente a Francia.

Os seus derradeiros anos na capital británica apenas dedicounos a observar a situación política xeral, falecendo en 1807 e sendo enterrado no cemiterio de Saint-Pancras. En 1889 os seus restos foron trasladados á súa Morosaglia natal[8]. A Abadía de Westminster contén un busto e un cenotafio á súa memoria.

Adoitase especular sobre a influencia que puido ter sobre un mozo Napoleón Bonaparte (nado apenas unhas semanas despois da primeira incorporación da illa a Francia, en 1769), que vía ao seu paisano como un exemplo [9]. O propio emperador francés citouno cando, para referirse ao carácter do pobo inglés, afirmou que "carecen en absoluto de nobreza. Como me dixo Paoli, «sono mercanti», é un pobo de tendeiros"[10].

Tivo unha importante repercusión na historia tanto a nivel nacional corso, pois é considerado o pai da nación corsa, coma polas súas achegas á constitución dos Estados Unidos de América. Como mostra de agradecemento a estas achegas, foron fundadas diferentes cidades co seu nome como é o caso de Paoli City en Colorado, Indiana ou Pensilvania. O nacionalismo corso reivindica a súa figura, especialmente en actos nos que se pretende salientar o negativo da ocupación francesa[11].

Notas

  1. «(...) Paoli, who had commanded their armies in former wars against the Genoese and French» (The life of Lieutenant-General Sir John Moore, K.B.: in two volumes, de James Carrick Moore, publicado en 1834 por John Murray, en Londres; páxina 52).
  2. Mediterráneo: Prensa y Radio del Movimiento, 28-9-1975, p. 16.
  3. La Esfera, de Madrid, 12-10-1918, p. 18.
  4. «Continuación de las noticias de París del 23 de Abril. (...) El célebre Paoli, que durante las actuales revoluciones se restituyó desde Inglaterra á Córcega con gran aplauso de los Franceses, fué nombrado por ellos General de aquella Isla, su patria; pero á principios de este mes ha sido acusado de entenderse con los Ingleses, y de que habia hecho malograr la expedición de Cerdeña. Sobre estos y otros cargos se le mandó prender y traerlo á París con el Procurador Síndico de Córcega» (Gazeta de Gerona, nº 40, 20-5-1793, p. 555).
  5. «Consultations took place between the Admiral and the General respecting future operations, and Corsica became the principal subject of their deliberations. This island had revolted from France, and the aged and patriotic chief, Paoli, placed at the head of their affairs, had applied for succours to England. It was a length resolved that Colonel Moore and Major Koehler, an excellent artillery officier, should be sent to Corsica, to examine how far an attack upon that island, with the small military force embarked, was advisable. Sir Gilbert Elliot, the King's commissioner in the Mediterranean, was to accompany them, to communicate with Paoli on political points» (The life of Lieutenant-General Sir John Moore, K.B.: in two volumes, de James Carrick Moore, publicado en 1834 por John Murray, en Londres; páxina 51).
  6. Paoli «then, however, turned to Sir Gilbert and said, ′I wrote long ago to the King and to his ministers, that I and the country may think most convenient. I wish before I die, to see my country, after various struggles, during these three hundred years, settled and happy, with a proper degree of liberty, under the protection or government of the British nation′» (The life of Lieutenant-General Sir John Moore, K.B.: in two volumes, de James Carrick Moore, publicado en 1834 por John Murray, en Londres; páxina 53).
  7. «Paoli was then very aged, and much afflicted at the recent loss of his brother; a man so much beloved and venerated by the Corsicans, that they believed him a saint, and were convinced that by his intercession in heaven they would gain their independence» (The life of Lieutenant-General Sir John Moore, K.B.: in two volumes, de James Carrick Moore, publicado en 1834 por John Murray, en Londres; páxina 54).
  8. «Onte chegaron á Marsella os restos mortais do gran patriota corso Paoli e, despois de algúns discursos de Corsos notables, sairon para Córsega» (Gaceta de Galicia, 7-9-1889, p. 1).
  9. A Napoleón, «devorábao a ambición de chegar á ser tan xeneral como Paoli» (El Regional, 18-12-1899, p. 1).
  10. El Norte de Galicia, 5-2-1915, p. 1.
  11. La Correspondencia de España, 13-4-1911, p. 3.