Esta converxencia deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING), fundada en marzo de 1977. En xuño do mesmo ano Francisco GarcÃa Montes foi escollido como secretario xeral da organización, que celebrou a súa primeira Asemblea Xeral en outubro.[8] O obxectivo principal da ING era preparar o escenario para a constitución dunha "Central Sindical Única Galega", e, ademais, loitar contra a emigración forzada, pola educación gratuÃta para todo o pobo, pola recuperación do patrimonio sindical e pola construción dunha "Patria Galega Ceive" e sen explotación. Ao mesmo tempo, a ING desvinculouse da AN-PG para deixar liberdade polÃtica aos seus afiliados.[9]
A conxuntura económica era grave. Despois da crise do petróleo de 1973, o paro chegou a niveis moi altos e a inflación superou o 40%. Nese momento foron asinados polos principais partidos polÃticos, patronal e polos sindicatos CCOO e UGT os chamados "Pactos da Moncloa". Estes pactos recoñeceron o despedimento libre para o 5% dos traballadores de cada empresa e fixaron o lÃmite do crecemento salarial nun 22% (independentemente da inflación).[10] A ING convocou varias xornadas de mobilizacións, xunto con outras organizacións da esquerda nacionalista coma a AN-PG, UPG, Comisións Labregas (CCLL) e a Unión da Mocidade Galega (UMG)[11] contra o Acuerdo Básico Interconfederal (1978), o Acuerdo Marco Interconfederal (1979) e contra o Estatuto dos Traballadores de 1980.[7]
Unificación da ING e CTG: a INTG
Nas primeiras eleccións sindicais despois do franquismo, celebradas en 1978, a ING converteuse no terceiro sindicato da Galiza con 722 delegados (13,5% do total) e, como estratexia, aprobou buscar unha fusión coa Central dos Traballadores Galegos (CTG). Grazas a esta fusión o sindicalismo nacionalista poderÃa acadar o 17,5% de representación, conseguindo, polo tanto superar o 15% exixido pola lexislación española para ser recoñecido oficialmente coma un "sindicato máis representativo". Ademais, no texto de unificación recolleuse a vontade de continuar avanzando cara a "Central Sindical Única Galega". A ING-CTG pasou a denominarse, desde 1981, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e, ano ano seguinte, 1982, a Confederación Sindical Galega (CSG) integrouse na INTG, o que permitiu chegar a 1 659 delegados sindicais nas eleccións dese ano (18,7%).[7]
As Folgas de 1984 e a loita contra a reconversión
Nas eleccións sindicais de 1986, a CXTG conseguiu 1 087 delegados e a INTG 1 067. As relacións coa CXTG provocaron unha escisión no interior da INTG, que quedou reflectida nas eleccións internas do III Congreso de 1987, onde houbo 4 candidaturas diferentes. A lista próxima ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) conseguiu 6 membros, a próxima á Frente Popular Galega (FPG) 3 membros e a vinculada coa Assembleia do Povo Unido 1 membro. Manuel Mera foi escollido secretario xeral.
O III Congreso da CIG, celebrado en maio de 2001, rematou coa elección de Suso Seixo, vinculado á UPG, como secretario xeral en substitución de Fernando Acuña Rúa,[15] vinculado a Unidade Galega. En 2004, a CIG converteuse na terceira forza sindical en Galiza, con 4 594 delegados (26,2%).
En 2018, a CIG converteuse por primeira vez na central sindical con máis representantes do paÃs, con 4 480 delegados e delegadas (o 28,28% do total).[18] En 2019 obtivo 29,37% dos delegados sindicais (4 548 delegados), por diante dos 3 990 da UXT e os 3 982 de CCOO.[1][19] A CIG supera á altura de 2022 os 75 000 afiliados, sendo o sindicato galego con máis afiliados.[20]
En 2024, consolidouse como a 1ª central sindical en Galicia contabilizando o 5 131 delegados (o 31%), fronte a UGT alcanzou 4 248 delegados (un 25,7%), e CC.OO. conseguiu 4 142 delegados (un 25%).[21]