Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata[1] nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.
Historia e características
O seu secretario-executivo e cara máis coñecida é Carlos Aymerich e maioría dos seus membros proveñen de antigas correntes do BNG coma o Colectivo Socialista, Inzar ou Unidade Galega. Orixinalmente, tamén contou co apoio dos alcaldes de Bueu, Tomiño e Rianxo[2]. Tamén conta co apoio de Ana Luísa Bouza, Camilo Nogueira e Suso Veiga.
Ideoloxicamente é o sector máis moderado do BNG, tanto na vertente social coma na nacional. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 Abrente apoiou unha candidatura conxunta con Anova-Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia[3].
Notas
|
---|
Partidos políticos | |
---|
Sindicatos | |
---|
Organizacións armadas | |
---|
Asociacións xuvenís e de estudantes | |
---|
Movementos sociais | |
---|