5 millóns de euros para a creación da Axencia Estatal (1 millón de € en 2023)
A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) é organismo público español responsable da supervisión, o asesoramento, a concienciación e a formación dirixidas a entidades públicas e privadas para a adecuada implementación de toda a normativa nacional e europea en torno ao adecuado uso e desenvolvemento dos sistemas de intelixencia artificial, máis concretamente, dos algoritmos. Ademais, a Axencia ten funcións inspectoras e de comprobación, sanción e demais que lle atribúa a normativa europea que lle resulte de aplicación e, en especial, en materia de intelixencia artificial.[1]
Así, o obxecto último deste organismo é a minimización dos riscos que pode supoñer o uso desta nova tecnoloxía, o adecuado desenvolvemento e potenciación dos sistemas de intelixencia artificial. No ámbito da competencia estatal, exercerá as funcións de autoridade responsable da supervisión, e no seu caso sanción, dos sistemas de intelixencia artificial co obxecto de eliminar ou reducir os riscos para a integridade, a intimidade, a igualdade de trato e a non discriminación, en particular entre mulleres e homes, e demais dereitos fundamentais que poden verse afectados polo mal uso dos sistemas.[1]
A AESIA circunscríbese ao marco lexislativo da Unión Europea. O 14 de xuño de 2023 aprobouse no Parlamento europeo a denominada IA Act, normativa que pretende fomentar a adopción dunha IA centrada no ser humano e fiable e protexer a saúde, a seguridade, os dereitos fundamentais e a democracia dos seus efectos nocivos".[2]
Realizouse unha avaliación tendo en conta diferentes criterios: cohesión social e territorial, mellora do funcionamento dos servizos públicos, niveis de desemprego, loita contra o despoboamento, achega de inmobles, achega de equipamentos adecuados, produción científica, rede de transporte, ecosistema universitario, ecosistema empresarial, iniciativas públicas de promoción do sector.[7] Finalmente, tras unha valoración dos distintos criterios, optouse pola candidatura da Coruña.[8]
Estes pavillóns teñen a súa orixe como teatros de variedades, cinematógrafos e cafés situados entre o mar e o principal espazo público da cidade de principios de século, o Relleno. O primeiro sería o Salón Cinema Coruña e o Pavillón Lino.[9] Concibido nun principio como un suntuoso espazo recreativo, dotado de cafetaría e restaurante, cine e salas de xogos, baile e concertos. Foi un punto de encontro da sociedade coruñesa e un centro de operacións de empresas, entre elas o RC Deportivo da Coruña. Tamén albergaba a sede da empresa Goldwyn-Mayer.[10]
Este uso como centro de lecer viuse perturbado pola chegada da Guerra Civil Española. O edificio sufriu danos pola acción dos artefactos explosivos e foi tamén un punto de atrincheiramento dos republicanos durante un tempo.[10]