Tecnoloxías da información e a comunicación

Torre de telecomunicacións de Collserola

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC ou NTIC por novas tecnoloxías da información e da comunicación ou IT para «Information Technology») agrupan os elementos e as técnicas empregadas no tratamento e na transmisión das informacións, principalmente da informática, Internet e as telecomunicacións. Por extensión, designan o sector de actividade económica.

"As tecnoloxías da información e da comunicación non son ningunha panacea nin fórmula máxica, pero poden mellorar a vida de todos os habitantes do planeta. Dispoñen de ferramentas para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, de instrumentos que farán avanzar a causa da liberdade e da democracia, e dos medios necesarios para propagar os coñecementos e facilitar a comprensión mútua"
Kofi Annan, Secretario xeral da ONU, discurso inaugural da primeira fase da WSIS, Xenebra 2003[1]

O emprego das tecnoloxías da información e da comunicación entre os habitantes dunha poboación axuda a diminuír o baleiro dixital existente nesta localidade, xa que aumentaría o conglomerado de usuarios que empregan as TIC como un medio tecnolóxico para o desenvolvemento das súas actividades e por isto se reduce o conxunto de persoas que non as utilizan.

Historia

As TIC poden considerarse un concepto dinámico.[2] Por exemplo, a finais do século XIX o teléfono podería considerarse unha nova tecnoloxía segundo as definicións actuais. Esta mesma definición podería aplicarse á televisión cando apareceu por primeira vez e fíxose popular na década de 1950. Porén, hoxe en día non figurarían nunha lista de TIC e mesmo é moi posible que hoxe en día os ordenadores xa non poidan ser cualificados como novas tecnoloxías. Porén, nun contexto amplo, o teléfono, a televisión e o ordenador pódense considerar como parte do que hoxe se denomina TIC, tecnoloxías que favorecen a comunicación e o intercambio de información no mundo actual.[3]

Despois da invención da escritura, os primeiros pasos cara a unha sociedade da información foron marcados pola impresión, o telégrafo eléctrico, despois o teléfono e a radiotelefonía, a televisión e Internet. O teléfono móbil e o GPS asociaron a imaxe co texto e a palabra sen fíos, e Internet e a televisión están accesibles no teléfono portátil, que tamén é unha máquina fotográfica.[4]

A converxencia da informática e as telecomunicacións, na última década do século XX, beneficiou a miniaturización dos compoñentes, permitindo a produción de dispositivos "multifunción" a prezos asequibles dende os anos 2000.

Notas

  1. (en inglés) K.Anna Xenebra 12/2003
  2. (en inglés) TIC i canvis organitzatius
  3. Institut d'Estadística de Catalunya (21-12-2018). Generalitat de Catalunya, ed. "Enquesta sobre equipament i ús de TIC a les llars". Consultado o 2019-01-15. 
  4. Evolució tecnològica

Véxase tamén

Bibliografía