Arturo Rial Tubío, nado en Noia en 1956,[1] é un expiloto galego de rally. Gañou tres veces o Campionato de Galicia de Rally (en 1989, 1991 e 1993).[2]
Traxectoria
Comezou a competir cun Ford Fiesta, co que disputou varias probas do Campionato de Galicia, e logo correu media tempada cun Renault 5 GT Turbo. Pero a marca coa que logrou os seus maiores éxitos foi Citroën, chegando a ser piloto oficial desta.[1]
Cun Citroën AX Sport proclamouse campión galego en 1989, 1991 e 1993, anos nos que tivo como rivais máis importantes a Germán Castrillón e Manuel Senra. Ademais en 1989 gañou o Challenge Citroën do Campionato de España.[3] En 1994 comezou a competir cun Citroën ZX 16V, co que gañou o Rally Botafumeiro de 1994 e co que correu ata 1998, cando pasou a pilotar un Citroën Saxo VTS, ata a súa retirada en 2001.
Durante a súa carreira tivo varios copilotos, entre eles Wenceslao Blanco, Juan Brun, Mario Pazos, Juan Carlos Arias e Luis Fernández.[4]
Palmarés
Resultados no Campionato de Galicia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas