A tempada 1991 foi a 13ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o noiés Arturo Rial, sobre un Citroën AX Sport. Foi o segundo dos tres títulos que gañou.
Calendario
Resumo
Tras a vitoria de "Culebra" no Rally do Sil, que abría a tempada,[1] Germán Castrillón dominou con comoididade en Noia[2] e no Rally do Lacón,[3] mentres que quedou sexto en Ourense, proba puntuable tamén para o Campionato de España.[4] Con todo, a súa boa xeira de resultados cortouse na quinta proba, o Rally Botafumeiro, onde abandonou tras unha saída da estrada no último treito cando estaba líder,[5] e estragouse completamente no seguinte rally, o Rías Baixas, no que sufriu un duro accidente, tras o que o seu Ford Sierra Cosworth comezou a arder quedando totalmente calcinado. A copiloto Estrella Castrillón sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao, sendo ingresada no hospital e perdéndose case todas as restantes carreiras, nas que foi substituída polo seu sobriño José Manuel López Castrillón.[6]
Deste xeito, Arturo Rial, que gañou o Rally Botafumeiro e quedou segundo en Noia e no San Froilán,[7] chegou á penúltima proba, o Rally Mil Vistas, co título case no peto, pois só o berciano Antonio Garrido conservaba unhas mínimas posibilidades de quitarlle o título. Dado que este último non participou finalmente no rally, o título foi directamente para Rial, a pesar de acabar co coche no río.[8] O reaparecido Germán Castrillón venceu esa proba así como a última, o Rally de Ferrol, para rematar a tempada con catro vitorias.[9]
Clasificación
Notas
- ↑ "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37.
- ↑ "Germán Castrillón apenas tuvo oposición en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1991. p. 53.
- ↑ "Castrillón y su Sierra Cosworth dominaron de principio a fin". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59.
- ↑ Arévalo, Fernando (17 de xuño de 1991). "Gustavo Trelles resolvió un apretado final del Rally de Orense y es nuevo líder del campeonato". La Voz de Galicia (en castelán). p. 28.
- ↑ "Rial aprovechó un error de Castrillón en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1991. p. 27.
- ↑ "«Culebras» salió victorioso de su lucha contra Villanueva y de la amenaza de una penalización". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 27.
- ↑ "El Mercedes de Carlos inalcanzable en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1991. p. 37.
- ↑ Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50.
- ↑ Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
Véxase tamén
Ligazóns externas