O Rally da Coruña de 1991 foi a 9ª edición[1] de dito rally. Foi a sétima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 25 de agosto de 1991 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso.[2]
Resumo
O canario Carlos Totoricagüena foi o máis rápido nos treitos diúrnos, pero o seu Mercedes 190E comezou a fallar nos treitos nocturnos e viuse adiantado polo Ford Sierra Cosworth do asturiano Daniel Alonso. Finalmente o motor do Mercedes parou na segunda pasada por Meirama, polo que Alonso conseguiu comodamente a vitoria nun rally que xa ganara dous anos antes. Ademais foi o máis rápido nos tres dos catro treitos que restaban por disputarse. Tamén Manuel Senra abandonou na sección nocturna, ao sufrir unha saída de pista e un problema mecánico no primeiro dos treitos que a conformaban, Soandres, cando ocupaba a terceira posición. Gonzalo Arche estaba segundo tras o abandono de "Carlos" pero perdeu a posición en favor do berciano Antonio Garrido, que quedou finalmente segundo. Miguel Dopico, sobre un Peugeot 309 GTI 16v, chegou á meta en cuarta posición.[2]
Clasificación
Notas
- ↑ En 1978 xa se disputara a 9ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37.