O Rally da Coruña, previsto inicialmente para setembro foi aprazado primeiramente para decembro por motivos de financiamento,[2] e finalmente para 2017, co que desapareceu da tempada 2016.[3]
Iván Ares, gañador das dúas primeiras probas e líder do campionato ata ese momento, deixou esta competición por mor de que a Federación Galega o obrigou a colocar unha brida no seu Porsche para perder potencia, igual medida que se adoptara cos Porsche do Campionato de España de Rallys antes do inicio da tempada.[4]