O aplauso polo persoalsanitario foi un xesto de aclamación, recoñecemento e gratitude cara ao persoal sanitario en homenaxe ao seu labor durante a pandemia de COVID-19 (SARS-CoV-2). A iniciativa xurdiu en xaneiro de 2020 na cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia. Posteriormente estendeuse a outros países durante as corentenas e cordóns sanitarios ordenados como medidas preventivas durante a pandemia.[1] Os primeiro país en replicar o agradecemento foi Italia, os primeiros días de marzo durante a corentena decretada polo goberno italiano o día 9 dese mes.[2][3]
Descrición
Consistía en brindar unha ovación a xeito de aplauso especialmente nas grandes aglomeracións urbanas, onde hai unha gran cantidade de edificios multifamiliares. Constituía unha homenaxe e agradecemento ao persoal sanitario, quen se atopaban nun alto risco de exposición ao virus, amais de promover que as persoas permanecesen nos seus fogares.[4] Este evento filantrópico foi altamente difundido polas redes sociais e converteuse en todo un fenómeno de Internet.[5]
Orixinalmente xurdiu por mor das aclamacións da poboación de Wuhan, que berraban jiāyóu, literalmente "bota aceite" (un modismo chinés para expresar "mantede a loita") ao persoal sanitario e á veciñanza desde as súas casas.[1] Nun principio constaba sobre todo de aclamacións e berros de ánimo. Porén, tras a diseminación global da pandemia, pasou a ser unha actividade baseada en aplausos.
Nalgúns lugares, o xesto tamén se estendeu a outros colectivos vulnerábeis de infección, como os corpos de seguridade, as forzas armadas ou o persoal dos supermercados, entre outros.[6][7]
↑González, Miguel Ángel (20 de marzo de 2020). "Un aplauso de agradecimiento retumbó en Quito"(en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020.|archiveurl= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |data-arquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |url-morta= redundantes (Axuda)