Antonio de Padua

Modelo:BiografíaDoutor da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Antonio de Padua

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Antonius Patavinus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Fernandus Editar o valor en Wikidata
15 de agosto de 1195 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xuño de 1231 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Padua, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Antonio de Padua
Tomb of St. Anthony (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, predicador Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de xuño Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoLilium candidum e neno Xesús Editar o valor en Wikidata
Patrón deEnfermidade celíaca Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4660189 Musicbrainz: e84e07e7-f3d2-48a5-9d24-1d8b87379846 Find a Grave: 5118 Editar o valor en Wikidata

Santo Antonio de Lisboa ou santo Antonio de Padua, nado en Lisboa o 15 de agosto de 1195 e finado en Padua o 13 de xuño de 1231, foi un relixioso portugués, considerado santo pola Igrexa católica romana, festexado o día 13 de xuño. Foi un dos doutores da Igrexa.

Traxectoria

Naceu en Lisboa, nunha familia nobre, aprendeu as disciplinas de Agostiño de Hipona antes de entrar nos franciscanos. Foi de misioneiro a Marrocos pero tivo que ser repatriado en 1221 por problemas de saúde. Viviu un ano nunha cova. Aprendeu e ensinou teoloxía en Italia, principalmente en Bologna, despois estableceuse no sur de Francia. Fundou un mosteiro en Brive, onde fixo numerosas conversións. De volta en Italia, sobre o 1227, foi enviado a Padua. Foi canonizado polo papa Gregorio IX un ano despois da súa morte.

O culto a santo Antonio de Padua espállase sobre todo nos século XV e XVI. Converteuse no santo patrón de Portugal, dende onde os exploradores o deron a coñecer ó mundo enteiro. É tamén o patrón dos mariñeiros, dos náufragos e dos prisioneiros.

A partir do século XVII, santo Antonio de Padua é igualmente invocado para atopar os obxectos perdidos, despois para recuperar a saúde, e ó final, para que se cumpra un desexo. A idea de invocar a santo Antonio para atopar obxectos perdidos vén do feito de que un ladrón que lle roubara os seus comentarios sobre os salmos viuse obrigado a devolverllos.

Numerosos episodios sobrenaturais sonlle atribuídos, como ter durante unha noite o Neno Xesús no colo.

Representacións artísticas

Na Idade Media, as representacións de Santo Antonio de Lisboa son bastante raras, pero vólvense correntes a partir do século XIV. É xeralmente representado como un home vestido co hábito franciscano atado por un cordel de tres nós.

Represéntase a miúdo predicando ás xentes ou ós peixes, en conversa con San Francisco, guerreando cos malvados, poñendo no seu sitio a perna dun home que a cortara en signo de penitencia, facendo axeonllarse unha burra diante da Sagrada Forma para convencer a un xudeu que dubidaba da presenza de Deus nesta oblea, ou aínda asistindo á aparición da Virxe e do Neno Xesús (sentado ou de pé sobre un libro).

Os seus principais atributos son o hábito franciscano, o Neno Xesús, unha burra, un libro, peixes, un corazón en chamas...

Véxase tamén

Outros artigos