Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Mesa.
A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria
Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].
Actividade
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.
Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.
En xaneiro de 2013 Carlos Callón foi absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].
No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]
Presidentes da Mesa
-
Cartel no xuízo a Carlos Callón na Audiencia Provincial da Coruña.
-
Mobilización en apoio dunha nena discriminada en Casas Novas (Arteixo).
-
Concentración de Queremos Galego en 2012.
-
Globo publicitario da Mesa no Correlingua 2013.
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Partidos políticos | |
---|
Sindicatos | |
---|
Organizacións armadas | |
---|
Asociacións xuvenís e de estudantes | |
---|
Movementos sociais | |
---|