A Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) é a asociación de bibliotecas nacionais de Iberoamérica. Fundada en México o 14 de decembro de 1989 como a Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica, cambia ao seu actual nome en 1999, mantendo as súas siglas orixinais. As linguas oficiais da ABINIA son o español e o portugués.
Os seus obxectivos son recompilar información dos seus integrantes; realizar xestión sobre a importancia de preservar o patrimonio bibliográfico; adoptar estratexias, políticas e capacitación na preservación das coleccións; adoptar medidas técnicas de control bibliográfico e intercambio de materiais, elaborar fontes de referencia nacionais e rexionais; vincular as bibliotecas nacionais e rexionais.
A súa estrutura é:
- Asemblea Xeral, integrada polas institucións asinantes do Acta Constitutiva da ABINIA;
- Consello de Directores, son seis membros designados pola Asemblea cun mandato de 2 anos; e
- Secretaría Executiva, electo por maioría de dous terzos pola Asemblea por dous anos. A súa reelección realízase por maioría absoluta da Asemblea.
Membros
Véxase tamén
Ligazóns externas